Recibirá Inditex fondos Next Generation? O comisario Medio Ambiente da UE visita Arteixo

O comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca da Unión Europea, Virginijus Sinkevicius, achegouse ás instalacións de Inditex en Arteixo (A Coruña) con motivo da súa visita a Galicia este mesmo luns.

|

A empresa de Amancio Ortega aspira a varios proxectos. O principal é unha fábrica que transformará eucaliptos en fibras vexetais para tecidos. Tamén quere instalar aeroxeradores no Porto Exterior da Coruña. 


A Unión Europea esixe que os proxectos subvencionados sexan sostibles. Está por ver como avalía utilizar o eucalipto galego para facer tecidos para fábricas noutros lugares, pois Inditex case non ten talleres propios en Galicia.


Sinkeviu010dius con Isla na sede de Inditex

Sinkevičius con Isla na sede de Inditex 


O comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca da Unión Europea, Virginijus Sinkevičius

 , achegouse ás instalacións de Inditex en Arteixo (A Coruña) con motivo da súa visita a Galicia este mesmo luns.


O presidente de Inditex, Pablo Isla, acompañou a Sinkevicius durante a súa visita, con quen compartiço os elementos máis destacados da política de sustentabilidade do grupo, con especial fincapé nos conceptos de circularidade e innovación.

Na visita tamén estiveron presentes o vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e o secretario de Estado para o Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández, ademais doutros representantes da Comisión Europea, do Goberno galego e europarlamentarios.

A comitiva visitou diferentes seccións, desde deseño a tendas piloto, onde o comisario mostrouse moi interesado por coñecer todos os aspectos vinculados á sustentabilidade e a súa integración en cada unha das diferentes etapas da cadea de creación dunha peza, desde a selección do tecido ata a súa confección e acabado.

Os visitantes puideron coñecer todas as prácticas que Inditex está a aplicar como axente transformador da industria da man de diferentes equipos, entre outros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE