Nin un só positivo en Ferrol e a pandemia de coronavirus en Galicia retrocede aínda máis rápido

Os 74 novos positivos por PCR comunicados hoxe marcan un novo mínimo desde que impacto a quinta onda. Os casos activos continúan baixando en todas as áreas. A nivel galego, xamais caeran tan rápido desde que hai datos fiables da pandemia. É certo que son datos que proceden do domingo, día con poquísimas PCRs. Con todo, a proporción que resultou positiva tamén cae.


|



Os 74 novos positivos por PCR comunicados hoxe marcan un novo mínimo desde que impacto a quinta onda. 


Os casos activos continúan baixando en todas as áreas. A nivel galego, xamais caeran tan rápido desde que hai datos fiables da pandemia.


É certo que son datos que proceden do domingo, día con poquísimas PCRs. Con todo, a proporción que resultou positiva tamén cae. De feito, a taxa de positividade entra hoxe en nova normalidade por vez primeira desde xuño.



Así, a incidencia acumulada semanal descende de 34 a 31 positivos por cada 100.000 galegos. É unha caída dun calibre similar á dos últimos días. Iso si, máis modesta que o fulgurante descenso da semana pasada.  No semáforo de alertas correspóndelle risco medio, pero non estamos lonxe dos 25 que nos permitirían conquistar o risco baixo.


incidencia acumulada a 14 días baixa de 96 a 90, un 86% menor da que soportamos no pico deste verán. No semáforo de alertas correspóndelle aínda risco medio e aínda lonxe dos 50 necesarios para chegar a risco baixo. 


O dobre da incidencia semanal (62) é moi inferior á incidencia bisemanal (90 ). En concreto, a razón de taxas é de 0,70. Sabemos pois que na última semana houbo un 30% de positivos menos que na penúltima.


Xamais, nin na rápida melloría grazas ás restricións tras a terceira onda no inverno, os positivos caeran tan rápido. 


A taxa de positividade foi do 2,6% das 2.530  PCR do domingo. A pesar de que a cantidade de PCR é pequena e inferior á media semanal, que está nunhas 3.100 PCR/día, a taxa de positividade baixou. De feito, é a primeira vez que baixa do 3% desde o 22 de xuño.

 

En parte grazas ao excelente dato de hoxe, a media móbil semanal da taxa de positividade descende de 4% a 3,7%. Por tanto, segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia entra hoxe no mellor dos niveis posibles. Correspóndelle nova normalidade ás autonomías cunha media semanal inferior ao 4%. Non o conseguiamos desde o 28 de xuño.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -6,2%. A media semanal, o indicador máis relevante,  segue acelerando e a súa caída pasa do -7,1% ao -7,3%. A cantidade de infectados xamais se esborrallou a tal velocidade.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -55 ,que deixa o total en Galicia en  3.249  casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia está a retroceder a unha gran velocidade. Os índices de caída de positivos e casos activos son os record de toda a pandemia.
  • Esta aceleración dáse dous meses e medio despois do pico. En teoría, aplicando o modelo de ondas anteriores, a melloría xa debería desaparecer e unha nova onda debería estar a se fraguar. Por que non é así? A resposta máis obvia, aínda que non a única, é o avance da vacinación. 

    REuBn porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia  (3)


  • Unha consecuencia da redución de diagnósticos é que aqueles detectados, a miúdo en persoas sen vacinar ou persoas moi maiores, parecen ser significativamente máis graves. A taxa de letalidade a 30 días chegou a baixar a o  0,09% no pico da onda estival, pero agora disparouse ao 1,1%. É en todo caso mellor que a que soportabamos antes das vacuanas, que chegou a ser case do 4%. A letalidade de toda a pandemia antes das vacinas era de en torno ao 2%, agora caeu ao 1,3%.

DATOS POR ÁREAS

A Coruña, o distrito máis poboado, é o que achega máis positivos, como é de esperar. Con todo, os diagnósticos na Coruña só foron 20. En Ferrol, por vez primeira en meses, non se comunica nin un positivo.



O nivel de ocupación en UCIs tamén baixa, aínda que en parte debido aos catro falecementos de onte. A Coruña, con 12, é a única área con máis de 10 enfermos en UCI. En Santiago só quedan dous. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE