Covid municipios: alzas nas cidades de Santiago e Pontevedra e grandes baixadas no resto


O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que as comarcas de Arzúa, Lemos e Chantada están entre as que peores niveis de covid soportaron esta semana.



|



O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que as comarcas de Arzúa, Lemos e Chantada están entre as que peores niveis de covid soportaron esta semana.


O inicio do curso universitario trae noticias preocupantes para Santiago. A razón de taxas xa non é inferior a 1, é xusto 1. É dicir, os positivos xa non caen. Parece que as celebracións, con polo menos 60 festas en pisos esta semana, páganse. Peor é a situación en Pontevedra, cunha razón de taxas do 1,06. 


A pesar de que, en termos xerais, a provinciad de Ourense é a que está en mellor situación, tamén concentra a maioría de concellos con incidencias superior a 250. En Galicia son 5, Monforte, A Peroxa, O Bolo, Punxín e Vilariño.



VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,73, o que quere dicir que na última semana houbo un 27 menos de positivos que na penúltima. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.


Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1:


  • Carballo 0,48
  • Ourense 0,55
  • Ferrol 0,64
  • Lugo 0,67
  • Vigo 0,69
  • Culleredo 0,80
  • Nigran 0,80
  • Coruña (A) 0,85
  • Piñeiro (Ou) 0,91
  • Arteixo 0,94



Municipios onde os positivos nin soben nin baixan desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é exactamente 1:

  • Santiago de Compostela 1,00


Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:


  • Ames 1,04
  • Lalin 1,05
  • Monforte de Lemos 1,08
  • Pontevedra 1,09
  • Cambre 1,10
  • Boiro 1,11
  • Barco De Valdeorras (Ou) 1,25
  • Sarria 1,27
  • Sanxenxo 1,46
  • Pobra do Caramiñal A 1,50
  • Garda (A) 1,88




VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Lugo -14
  • Ourense -9
  • Oleiros -7
  • Coruña (A) -4
  • Ames -3
  • Monforte de Lemos -3
  • Ferrol -2
  • Piñeiro (Ou) -2
  • Cambre -1
  • Carballo -1



Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Culleredo +1
  • Garda (A) +1
  • Nigran +1
  • Vigo +1
  • Pobra do Caramiñal A +2
  • Sanxenxo +3
  • Arteixo +5
  • Pontevedra +5
  • Santiago de Compostela +8 






A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 


 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos baixan hoxe en todos os distritos do país, aínda que a cuva de Pontevedra está practicamente plana, con só un caso menos que onte. 



No balance deste sábado, Sanidade informa de que Galicia conta con 3.754 persoas coa infección por covid activa, o que supón 287 casos menos que os notificados o sábado. Por áreas, os casos activos descenden en todas as áreas.

O maior número de enfermos está na da Coruña, con 1.005 casos (68 menos), seguida por Lugo, con 727 casos (82 menos); na área de Santiago hai 640 casos activos (42 menos), na área de Vigo son 575 casos (27 menos), na de Ourense hai 391 casos (50 menos), en Pontevedra hai 248 infeccións activas (un menos) e na área de Ferrol hai 168 casos (17 menos). 


DATOS DE HOXE POR ÁREA


Así, segundo a información notificada polo Sergas na mañá deste domingo (con datos solicitados ata o sábado), nas últimas horas confirmáronse 146 novos contagios por coronavirus, o que supón 23 casos menos que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, na da Coruña detectáronse 40 novos contagios, en Santiago hai 33 casos novos; na área de Vigo notificáronse 27 contagios; na de Lugo, 14 contagios; na de Ourense, nove casos máis; na área sanitaria de Pontevedra foron 22 casos novos; e na de Ferrol rexistrouse dúas contagios novos.



PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

No que respecta a a presión hospitalaria, nas últimas 24 horas aumentaron os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que só en unidades convencionais.

Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 109 pacientes (seis máis que hai un día), mentres que en UCI continúan ingresados 40 pacientes (tres menos): 12 na área da Coruña (-1), sete na área de Vigo (sen cambios), cinco na área de Ferrol (sen cambios), oito na de Ourense (+1), catro pacientes en UCI na área de Pontevedra (-1) e tres en Lugo (-2), mentres que en Santiago queda un paciente en críticos (sen cambios).

En canto ás camas ocupadas en 'planta', na área da Coruña son 39 os hospitalizados en planta (+5); na de Ferrol, cinco (sen cambios); na de Pontevedra, tres (sen cambios); na de Lugo, 18 (+3); na de Santiago, 14 (-1); na de Ourense, 13 (sen cambios) e na de Vigo, 17 (-1) 

Ur7ci incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE