Covid por concellos: só oito municipios están en nivel de risco máximo, Vigo e Ourense melloran moito

Por áreas, os casos activos soben en todas as áreas menos na de Ourense.O maior número de enfermos está na da Coruña, con 1.073 casos (nove máis), seguida por Lugo, con 809 casos (seis máis); na área de Santiago hai 682 casos activos (12 máis), na área de Vigo son 602 casos (21 máis), na de Ourense hai 441 casos (dous menos), en Pontevedra hai 249 infeccións activas (nove máis) e na área de Ferrol hai 185 casos (sen cambios).  PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA No que respecta a a presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que só en unidades convencionais.Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 103 pacientes (seis menos que hai un día), mentres que en UCI continúan ingresados 43 pacientes: 13 na área da Coruña (-1), sete na área de Vigo (sen cambios), cinco na área de Ferrol (sen cambios), sete na de Ourense (-1), cinco pacientes en UCI na área de Pontevedra (+1) e cinco en Lugo (+1), mentres que en Santiago queda un paciente en críticos (sen cambios).En canto ás camas ocupadas en 'planta', descende ou se mantén o número en todas as áreas.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios deixa ver como a verde gana máis e máis presenza no mapa galego, onde cada vez máis municipios, sobre todo no interior, están xa na nova normalidade.


Vigo e Ourense son os concellos cunha maior variación nas últimas horas, con 40 e 22 casos menos respectivamente; Monforte de Lemos, en cambio, é o que máis sobe, con oito máis. 


Hoxe só hai oito municipio por encima de 250: O Pino, Toques, Punxin, A Peroxa, A Pobra de Trives, Vilariño de Conso, O Bolo e Monforte de Lemos. Deles seis teñen hoxe entre 1 e 9 casos activos. Este é o valor para partir do cal o SERGAS valora impoñer as máximas restricións (confinamento municipal, etc.). 



VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é do 0,71. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe cunha variación de cinco casos ou máis respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Monforte de Lemos: +8
  • Santiago de Compostela: +6
  • Sanxenxo +5
  • A Guarda +4
  • Ames +1
  • Sarria +1



Razón de taxas das sete cidades galegas:


  • Pontevedra: 0,99
  • Santiago de Compostela: 0,84
  • A Coruña: 0,83
  • Lugo: 0,74
  • Ourense: 0,65
  • Vigo: 0,62
  • Ferrol: 0,61



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe:



  • Vigo -40
  • Ourense -22
  • Lugo -6
  • Carballlo -4
  • A Coruña -3
  • Ferrol -3
  • Arteixo -3
  • Nigrán -3
  • Oleiros -3
  • Arzúa -2
  • O Barco de Valdeorras -2
  • Vilagarcía de Arousa -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 



DATOS DE HOXE POR ÁREA

Os casos activos de covid volven subir en Galicia dos 4.000, concretamente rexístranse 4.041 infeccións, tamén os novos contagios repuntan levemente e volven estar por encima dos 150. Ademais, a taxa de positividade é do 3,44% --por baixo do 5% que marca a OMS-- e a presión hospitalaria continúa coa súa lixeira tendencia ao alivio, con seis hospitalizados menos.

Así, segundo a información notificada polo Sergas na tarde deste sábado (con datos solicitados ata o venres), nas últimas horas confirmáronse 169 novos contagios por este coronavirus, o que supón 19 casos máis que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, na da Coruña detectáronse 39 novos contagios, en Santiago hai 26 casos novos; na área de Vigo notificáronse 22 contagios; na de Lugo, 50 contagios; na de Ourense, 13 casos máis; na área sanitaria de Pontevedra foron ou15 casos novos; e na de Ferrol rexistrouse catro contagios novos.

No balance deste sábado, Sanidade informa de que Galicia conta con 4.041 persoas coa infección por Covid activa, o que supón 55 casos máis que os notificados o venres. Por áreas, os casos activos soben en todas as áreas menos na de Ourense.

O maior número de enfermos está na da Coruña, con 1.073 casos (nove máis), seguida por Lugo, con 809 casos (seis máis); na área de Santiago hai 682 casos activos (12 máis), na área de Vigo son 602 casos (21 máis), na de Ourense hai 441 casos (dous menos), en Pontevedra hai 249 infeccións activas (nove máis) e na área de Ferrol hai 185 casos (sen cambios).

 


PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

No que respecta a a presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que só en unidades convencionais.

Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 103 pacientes (seis menos que hai un día), mentres que en UCI continúan ingresados 43 pacientes: 13 na área da Coruña (-1), sete na área de Vigo (sen cambios), cinco na área de Ferrol (sen cambios), sete na de Ourense (-1), cinco pacientes en UCI na área de Pontevedra (+1) e cinco en Lugo (+1), mentres que en Santiago queda un paciente en críticos (sen cambios).

En canto ás camas ocupadas en 'planta', descende ou se mantén o número en todas as áreas. Así, na área da Coruña son 34 os hospitalizados en planta (+5); na de Ferrol, cinco (-4); na de Pontevedra, tres (-2); na de Lugo, 15 (-2); na de Santiago, 15 (-1); na de Ourense, 13 (-3) e na de Vigo, 18 (+1) 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE