Novas subvencións ao turismo e hostalería por 15,8 millóns de euros

O programa está orientado a axencias de viaxes, establecementos hostaleiros e concellos pequenos

|

A maioría do diñeiro público será para os  empresarios de hostalería que adapten os seus locais ás esixencias da pandemia 


Os catro instagrammers que percorreron parte do Camiño Portugués, chegan a Compostela



A Xunta activou un novo paquete de axudas económicas ao sector turístico dotado cun orzamento de 15,8 millóns de euros dos que poderán beneficiarse axencias de viaxes, establecementos hostaleiros e concellos de menos de 10.000 habitantes.

O programa recibiu luz verde por parte do Goberno galego na reunión do Consello celebrado este xoves. O encargado de trasladar os acordos adoptados foi o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que sinalou que o plan de axudas busca "dotar de liquidez ao sistema" e "impulsar a renovación" do sector.

O paquete de apoios económicos divídese en tres partes, tantas como colectivos beneficiarios das axudas. A maior parte dos 15,8 millóns de euros de preupuesto irán parar aos establecementos de hostalería, que dispoñerán de dúas liñas dotadas cada unha de 6 millóns de euros para renovar as súas instalacións e adaptar o seu negocio ás esixencias actuais.

Pola súa banda, para as axencias de viaxe resérvanse 350.000 euros, mentres que os concellos poderán optar a 3,5 millóns de euros en apoios ao desenvolvemento de novas ofeas turísticas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE