A mina de wolframio da Gudiña non funciona e hai que quitarlle a concesión, din ecoloxistas

Ecoloxistas en Acción remitiu unha batería de escritos ás consellerías de Economía e Medio Ambiente, así como á Valedora do Pobo, para reclamar a caducidade da mina da Gudiña (Ourense), segundo informa.

|

A Xunta só logrou que as empresas reactivasen 3 das 500 minas que sacou a concurso en 2017. A mina Valgrande en Abarxa segue abandonada e recentemente estaba parcialmente asolagada.


Interior da mina de wolframio Valgrande, A Barxa, Ourense nunha imaxe de mineralesdb publicada baixo Creative Commons

Interior da mina de wolframio Valgrande, A Barxa, Ourense en unha imaxe de mineralesdb publicada baixo Creative Commons 


Ecoloxistas en Acción remitiu unha batería de escritos ás consellerías de Economía e Medio Ambiente, así como á Valedora do Pobo, para reclamar a caducidade da mina da Gudiña (Ourense), segundo informa.


Nun comunicado, explica que, nos seus escritos, alude a "como as administracións permitiron que permanecese vixente unha concesión de explotación mineira de estaño e wolframio na Gudiña, á que se outorgou Declaración de Impacto Ambiental favorable en 2014 e autorización mineira en 2015, pero que nunca tivo actividade".

Respecto diso, sostén que "a lexislación establece que as concesións mineiras caducarán de non iniciarse os traballos ou por incumprimento dos prazos aprobados nos proxectos, mentres que as declaracións de impacto ambiental perden a súa vixencia aos catro anos".

No caso desta mina, afirma que "non só non iniciou os trámites de caducidade, se non que tentou ocultar a falta de actividade mediate informes".

Por outra banda, incide en que se trata dun proxecto mineiro que "afecta directamente ao LIC Pena Maseira, dentro da rede Natura 2000, a apenas un quilómetro de distancia do Parque Natural de Montesinhos, en Portugal".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE