Os traballadores galegos empobrecéronse en 2020; a inflacción foi do -0,4% e os salarios baixaron un -1,3%

O salario bruto anual por traballador situouse en 20.875,63 euros en 2020 en Galicia, o que supón un descenso do 1,3% respecto a 2019, segundo os datos que publica este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

|

A capacidade de compra dos galegos sitúaos no grupo medio das rexións españolas e medio-baixo das europeas 








O salario bruto anual por traballador situouse en 20.875,63 euros en 2020 en Galicia, o que supón un descenso do 1,3% respecto a 2019, segundo os datos que publica este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

CAMBIO DE TENDENCIA
Deste xeito, rompe con catro anos consecutivos de incremento en Galicia dos salarios. A media galega é inferior en 1.961,96 euros á española, que se sitúa en 22.837,59 euros. Con todo, Galicia recorta diferencial á baixa, dado que o descenso do 1,3% galego en 2020 é inferior ao retroceso do 2,6% no país.

De acordo a estes datos, o custo laboral neto por traballador ao ano sitúase en Galicia en 28.480,66 euros en 2019, o que supón un 1,3% menos que no exercicio anterior --a caída en España é do 2,1%--. Aquí súmanse os 20.875,63 euros de soldo e os 7.605 de custos non salariais (-1%).

EMPREGADOS MÁIS BARATOS
O custo por traballador en Galicia é preto de 2.500 euros anuais menos que a media española (30.965,76 euros). En concreto, ocupa o oitavo lugar entre autonomías. Está case 9.000 euros por baixo dos 37.124,53 euros de País Vasco, que encabeza a táboa.


Arquivo - Cesta da compra. Etiquetaxe nutricional. Moza comprando nun supermercado



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE