O Tribunal Administrativo de Contratación Pública deberá avaliar a legalidade do concurso de dúas EDAR de Ribeira


O Tribunal de Administrativo de Contratación Pública de Galicia detén preventivamente a adxudicación mentres revisa os contratos para a explotación das depuradoras de Couso e Corrubedo.



|

O Tribunal de Administrativo de Contratación Pública de Galicia detén preventivamente a adxudicación mentres revisa os contratos para a explotación das depuradoras de Couso e Corrubedo.



O alcalde de Ribeira Manuel Ruu00edz Rivas do PP nunha foto do arquivo da Xunta

O alcalde de Ribeira Manuel Ruíz Rivas do PP nunha foto do arquivo da Xunta 


O Concello de Ribeira adxudicou no pleno do pasado 28 de xuño, o contrato de servizos de operación e mantemento para os sistemas de saneamento en alta e depuración asociados á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Couso e á EDAR de Corrubedo á empresa FACSA, por un importe 300.000 € anuais menor que o prezo calculado no prego de condicións deste concurso público.


O adxudicatario, comprometíase a asumir a xestión das EDARs durante un período de tres anos, coa opción de poder prorrogar o contrato por un ano máis.


En xaneiro de 2020, o pleno aprobara a cesión da explotación da EDAR de Couso por parte de Augas de Galicia ao Concello de Ribeira (desde entón xestionada de maneira transitoria por FCC). A mediados de decembro de 2020, o Concello de Ribeira sacou a licitación, de maneira conxunta e por un período de tres anos prorrogable por outro ano máis, o contrato de servizos de operación e mantemento dos sistemas de saneamento en alta e depuración asociados ás EDAR de Couso e Corrubedo por un importe anual de 1.421.845 euros.

 

Previamente, os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán o contrato foran sometidas á aprobación do pleno. Con todo, esta adxudicación estaría suspendida dado que o pasado 20 de xullo rexistrouse un recurso ante o Tribunal de Administrativo de Contratación Pública de Galicia en relación ao incumprimento dos requisitos mínimos esixidos ao Xefe de Servizo que debían propoñer os licitadores, así como por distintos defectos de forma na proposta técnica, que permitiría incluír máis información da que permitía o prego aprobado polo propio Concello, tanto de Facsa, como de Aqualia, que quedaría en segundo lugar, das cinco que concorreron ao concurso e que supuxo a exclusión de ambas as empresas nesta licitación.


Anteriormente, no Pleno o pleno do 31 de maio, non saíu adiante a proposta de adxudicación ao contar só cos votos favorables do PP (8 edís), pero os votos en contra de PBBI (7 edís) e BNG (2 edís), e a abstención do PSOE (3 edís) e Suma Ribeira (1 edil).


Os edís debían pronunciarse sobre o ditame da mesa de contratación, que propoñía adxudicar o servizo á empresa Sociedade Fomento Agrícola Castellonenco. A firma mellor valorada ofrecía un desconto de 300.00 euros anuais, xa que deixa os 4,2 millóns do prezo de saída en 3,3 para todo o trienio.


Con todo, e a pesar de que todos os grupos incidiron en que a rebaixa repercutise no recibo de saneamento que abonan os cidadáns, o punto foi rexeitado. PBBI e BNG votaron en contra argumentando que se decantan por unha xestión pública da prestación. Pola súa banda, PSOE e Suma abstivéronse. No caso desta última formación, explicou que para non obstruir un proceso administrativo xa en marcha.


Ao estar o PP con oito edís pola dimisión de Ana Ruiz, as abstencións foron insuficientes para aprobar a adxudicación. O alcalde, Manuel Ruiz, non ocultou o seu malestar polo sucedido. Afirmou que estudará cos servizos xurídicos municipais se PBBI e BNG teñen responsabilidade ao votar en contra e cualificou o sucedido de irresponsabilidade e avanzou que o asunto volverá a pleno.


UN PROCESO QUE O TRIBUNAL AUTONÓMICO TERÁ QUE REVISAR

No concurso (cuxo prazo de presentación de ofertas concluíu a mediados de xaneiro de 2020 e onde se presentaron 5 empresas), o Concello esixía ao adxudicatario redactar, antes de iniciar as actividades de explotación e no prazo máximo dun mes desde a firma do contrato, un plan de explotación do sistema de saneamento, que deberá ser aprobado polo Concello.


O proceso comezou a mediados en decembro do 2020 co fin de proceder á firma dun contrato administrativo de servizos. O contrato inclúe os traballos de operación, mantemento preventivo, preditivo e colectivo. A empresa que resulte finalmente concesionaria tamén deberá ocuparse da conservación integral dos equipos ou elementos da infraestrutura existente e das modificacións que se produzan por cambios ou ampliacións que se incorporen durante a vixencia do acordo que pode alongarse máximo ata os 4 anos.


Desde o Concello de Ribeira indicaron que antes de iniciar as actividades de explotación, o adxudicatario deberá redactar un plan de explotación do sistema de saneamento e que deberá conter, polo menos, os seguintes aspectos: manual de operación do sistema, programa xeral de mantemento, plan de xestión do almacén de repostos, así como de vixilancia ambiental, de prevención de riscos laborais, emerxencias e evacuación, recursos humanos e xestión da información.


Se a contratación non sae adiante, a propia empresa adxudicataria xa adiantou que presentará unha reclamación ante o Concello mentres o Tribunal de Administrativo de Contratación Pública de Galicia paralizou preventivamente a adxudicación mentres dirime sobre o recurso presentado en relación ao incumprimento dos requisitos mínimos esixidos ao Xefe de Servizo que debían propoñer os licitadores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE