Récord de novas hospitalizacións desde xaneiro e primeiro indicio dun posible pico da quinta onda

Os 1.253 novos positivos por PCR comunicados hoxe supoñen o sexto máximo consecutivo nunha quinta onda completamente desbocada en contagios e que empeza a deixarse notar cada vez máis nos hospitais.


|

Os 1.253 novos positivos por PCR comunicados hoxe supoñen o sexto máximo consecutivo nunha quinta onda completamente desbocada en contagios e que empeza a deixarse notar cada vez máis nos hospitais.


Os casos activos continúan disparándose, cun incremento de 1.111 nun só día. É a segunda peor cifra de toda a serie histórica que mantén desde agosto de 2020.


Así, a incidencia acumulada semanal salta de 180 a 208, o seu peor rexistro desde o 7 de xaneiro. Hai que lembrar que empezamos a semana por baixo de 100.


incidencia acumulada a 14 días crece de 254 a 290. Este indicador aumenta sen interrupción desde o 21 de xuño. O problema agrávase porque o seu crecemento é exponencial, cada día que pasa os saltos son máis grandes.




O dobre da incidencia semanal (416) é moitísimo maior que a incidencia bisemanal (290). A razón de taxas confírmanos que a pandemia está a acelerar, pois a última semana foi muchísmo peor que a penúltima e cada día a diferenza é maior.


A taxa de positividade onte foi do 17,3% das PCRs. É a peor porcentaxe de toda a serie histórica. Lembrar que vimos de meses onde o normal eran porcentaxes do 2%. 


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no segundo peor dos niveis posibles. Correspóndelle  risco alto a  ás autonomías cunha media semanal de entre o  10% e o 15%. Galicia xa está no 12,7%. Xamais estivera tan alta. Visto o visto, é posible que superemos o 15% e entremos en risco extremo .





A incidencia acumulada semanal xa está en risco extremo desde fai catro días, cando superamos os 125 positivos por 100.000 galegos á semana. Desgraciadamente, a gráfica mostra que a explosión está lonxe de tocar teito.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados dispárase hoxe un disparatado 17,3%  .A media semanal, o indicador máis relevante, dá un gran salto, crecendo do 11,6% ao 12% diario. 





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de 1.111,que deixa o total en Galicia en  8.319  casos activos. Menos mal que as vacinas lograron reducir a taxa de hospitalizacións, pois non hai sistema sanitario que sen vacúas puidese resistir tal grao de crecemento.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A única boa noticia do día hai que rebuscarla na gráfica da media semanal de cambio de casos activos. A curva desta derivada segue crecendo, pero parece que a súa parábola empeza a aplanarse. Este indicador demostrou unha e outra vez ser o mellor para estimar o rumbo da pandemia. A relaxación do seu pendente dános esperanzas de que o pico desta quinta onda non estea lonxe. 

    OL6XC porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia


  • Polo demais o resto de indicadores son nefastos, sobre todo o récord de positividade alcanzado a pesar da realización de varios cribados masivos en zonas como O Barbanza e Santiago. O SERGAS convocou outro cribado masivo en Pontevedra.
  • Ten sentido non endurecer significativamente as restricións vista a explosión de contagios? A serie de hospitalizados en planta indícanos que esta onda non pasará sen consecuencias. Poida que os falecementos sexan moi poucos, pero as persoas que necesitan hospitalización son cada vez máis. No mellor momento de xuño había só 30 enfermos encamados en planta convencional. Hoxe son xa 82, tras un crecemento de +17 desde onte, o peor salto desde a terrible terceira onda de xaneiro.


DATOS POR ÁREAS

A quinta onda está a golpear con especial virulencia ao sur e á costa de Galicia. Ourense, Pontevedra e Vigo superan hoxe os 200 novos positivos.





Dos 14 enfermos en UCI, ningún está en Santiago ou Lugo. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE