Sánchez afianza á galega Nadia Calviño no Goberno e noméaa a súa man dereita no terremoto de Moncloa


Pedro Sánchez remodelou de maneira profunda o Goberno español. O presidente do Goberno anunciou este sábado todos os cambios que realizará e hai nomes importantes como Iván Redondo que saen moi prexudicados e serán cesados. Polo momento, Pedro Sánchez non anunciou que haxa ningún cambio en Unidas Podemos.


|

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a súa visita a Lituania

@ep


Pedro Sánchez remodelou de maneira profunda o Goberno español. O presidente do Goberno anunciou este sábado todos os cambios que realizará e hai nomes importantes como Iván Redondo que saen moi prexudicados e serán cesados. Polo momento, Pedro Sánchez non anunciou que haxa ningún cambio en Unidas Podemos.


XEFE DE GABINETE


O primeiro cambio importante que afecta o Goberno é o cesamento de Iván Redondo, o ata o de agora xefe do gabinete. No seu lugar, Pedro Sánchez nomeará a Óscar López, o que era presidente de Paradores de Turismo e un dos dirixentes máis veteranos do PSOE. 


VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA DO GOBERNO


A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, tamén foi unha das persoas que cesou Pedro Sánchez. No seu lugar, o presidente nomeou a Nadia Calviño como vicepresidente primeira. Ademais, entra no Goberno Félix Bolaños, un dos homes de confianza de Pedro Sánchez e pasa a ser ministro da Presidencia, coas funcións de coordinación do Gabinete. Como vicepresidenta segunda entrará Yolanda Díaz e como terceira subirá Teresa Ribeira


MINISTERIO DE CIENCIA E INVESTIGACIÓN


O ministro de ciencia e investigación, Pedro Duque, tamén foi unha das persoas que cesou o presidente do Goberno. No seu lugar, entrará Diana Morant, a actual alcaldesa de Gandía, será a nova ministra de ciencia e investigación


MINISTERIO DE XUSTIZA


O ministerio de Xustiza tamén vai sufrir cambios significativos. A ata o de agora presidenta do Senado, Pilar Llop, farase cargo do ministerio substituíndo a Juan Carlos Campo. De feito, o luns estaba previsto que se escollese un novo presidente do Senado, pois Llop estaba designada de maneira automática. 


MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES


A ministra de asuntos exteriores Arancha González Laya abandonará o seu actual posto. O seu substituto será José Manuel Albares, actual embaixador español en París. Xa foi secretario xeral de Asuntos Internacionais na Moncloa durante o primeiro Goberno de Pedro Sánchez.


MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTES


O ministro José Manuel Rodríguez tamén foi cesado do seu posto. No seu lugar entrará Miquel Iceta como ministro de cultura e deportes. Mentres tanto, a substituta de Iceta comoy ministra de política territorial ocuparao Isabel Rodríguez


MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL


Isabel Celaá será cesada como ministra e Pilar Algría, a actual delegada do Goberno en Aragón, será a nova ministra de educación e formación profesional


MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD E AXENDA URBANA


Outra das grandes sorpresas é o cesamento de José Luís Ábalos como ministro de fomento. No seu lugar, entrará Raquel Sánchez, a actual alcaldesa de Gavá, será a substituta de Ábalos no Goberno. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE