Récord de positivos en case un mes confirma que Galicia está a entrar en fase de crecemento de covid

|


Os 115 novos positivos por PCR comunicados hoxe confirman os sinais de empeoramento que o país vén soportando desde hai unha semana. 


Hai que remontarse ao 29 de maio, hai case un mes, para atopar un dato peor. Logicamente, isto contribúe a que as incidencias sigan crecendo.


Os casos activos volven subir hoxe de maneira relevante en case todas as áreas, sobre todo na Coruña. 



incidencia acumulada semanal crece, aínda que case nada, de 21,7 a 21,8. O problema é que tende a aumentar desde o 15 de xuño.


incidencia acumulada a 14 días aumenta de 41,2 a 42,5. No últimos catro días, creceu en tres. Non sucedía algo así desde o impacto da cuarta onda.


O dobre da incidencia semanal (43.6  ) é mayorque a incidencia bisemanal ( 42,5  ). Así comprobamos que os positivos están a aumentar, houbo máis na última semana que na penúltima. A diferenza non é moita, pero tende a ser maior cada día.


A taxa de positividade onte foi do 3.1%. É un resultado pésimo se o comparamos coa traxectoria previa. O SERGAS non atopaba tal proporción de positivos desde o 12 de abril, hai máis de dous meses.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

É un resultado pésimo teniendo en cuenta a que estamos afeitos movernos en torno ao 2,3%. Con todo, é un bo resultado segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, que outorga o nivel de nova normalidade a calquera rexistro semanal inferior ao 4%. A media semanal galega está no 2,6%. De novo, o problema non é o nivel, excelente, se non a tendencia, preocupante. O 14 de xuño estabamos no 2,1% e desde entón tendemos á alza.


Basta unha ollada á curva da incidencia semanal para comprobar que entramos nunha fase expansiva. Afortunadamente, píllanos en risco baixo, aínda que máis preto de volver a risco medio que de alcanzar a nova normalidade.



A curva da incidencia bisemanal tamén empeza a dar mostras dunha fase expansiva, moi tímida por agora.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende sobe hoxe un  +2.8%. A media semanal, o indicador máis relevante, completa outro paso na mala dirección, ascende de -0.8% a -0.5%.


De seguir co mesmo rumbo, nesta semana este indicador superará a barreira de cero. Entón poderemos afirmar que cada día hai máis e máis enfermos, desde un punto de vista semanal. Será ese o momento en que se poida afirmar sen dúbidas de que estamos nunha fase expansiva.




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un aumento de +36 ,que deixa o total en Galicia en  1.305 casos activos, a peor cifra na última semana. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • Non hai dúbidas de que a pandemia está a entrar nunha fase expansiva en Galicia. Ata o de agora, o empeoramento era sobre todo produto dos positivos na área da Coruña, pero as cifras de hoxe indican que o problema se pode estar a estender, como era previsible.
  • O que non sabemos se esta fase expansiva será do calibre suficiente para constituír unha onda. En teoría, ao haber máis xente vacinada, as fases expansivas deberían ser menos virulentas, como xa o foi a cuarta onda. 
  • Pola contra, hai varios factores de risco adicionais. A confirmación de que a variante beta, ou cepa india, é cada vez máis frecuente en Galicia pode acelerar a propagación da pandemia. Tamén a chegada de turistas doutras zonas e o gran alivio ás restricións e consecuente relajamiento social.


DATOS POR ÁREAS

A Coruña ( 27 diagnósticos ) volve ser a área con máis positivos, pero hoxe a diferenza coas outras áreas non é excesiva. Sorprenden os 25 de Pontevedra, un dos distritos sanitarios con menos poboación.





Ferrol segue coa súa boa traxectoria e onte non detectou nin un contaxio. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 

I3OMx  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress