Os bancos soben comisións e recortan servizos case igual e á vez, denuncia a CIG ante Competencia

CIG-Banca presentou denuncia ante a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) para que investigue se as restricións do servizo de caixa por parte das entidades financeiras "responde a un pacto entre elas".


|

A avalancha de ES en sector bancario vén acompañada pola restrición de horarios das sucursais para realizar certas operacións


A CIG entende que os traballadores non poden seguir sendo "cómplices" destas prácticas que fan a vida máis difícil sobre todo ás persoas maiores polo que leva o suposto abuso antre a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia



Unha pasada protesta de sindicalistas contra despedimentos de traballadores do BBVA

Unha pasada protesta de traballadores contra o ERE en BBVA



CIG-Banca presentou denuncia ante a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) para que investigue se as restricións do servizo de caixa por parte das entidades financeiras "responde a un pacto entre elas".


LIMITACIÓNS IGUAIS CASE Á vez
Segundo advirte a central nacionalista, estas restricións foron postas en marcha "practicamente ao unísono e cos mesmos horarios", de 8,00 a 11,00 horas.

A denuncia afecta a bancos asociados á Asociación Española de Banca e á CECA (Confederación Española de Caixas de Aforros).  Banco Santander, BBVA, Banco de Sabadell, Bankinter, a marca galega Abanca ou ING son algúns das súas socios



"Entendemos que era unha obrigación social e laboral pero tamén legal, xa que tendo os representantes da traballadores comunicación desas restricións, calar converteunos en cómplices", subliña a CIG.

Ademais, ve "moi claro" que, "como outras empresas", estas "utilizaron a pandemia para forzar cambios nos hábitos da clientela".

As COMISIÓNS TAMÉN SOBEN CASE Á vez
Neste sentido, chama a atención sobre que as políticas comerciais dos distintos bancos "son idénticas" e refírese ás cláusulas en contratos "tombadas pola xustiza", ás subidas de comisións que se producen "case simultaneamente" e engade que "o mesmo sucede agora" coas actuais restricións dun servizo "básico" asociado ao contrato das contas.

Estas restricións, para a CIG, "son dobremente antisociais" pois, por unha banda restrinxen os servizos ás persoas que teñen dificultades para usar os caixeiros automáticos ou a banca electrónica e, por outra, "están a ser utilizadas para tratar de xustificar os despedimentos colectivos".

"Non estamos ante unha baixada da demanda (...) Os bancos restrinxiron sospechosamente ese servizo ao mesmo tempo e co mesmo horario", reitera.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE