O cliente volve ás tendas porque lles gusta o contacto, di Inditex que está a pechar miles de tendas físicas

|

A pandemia acelerou a dixitalización do xigante galego cun plan a escala global que xa está a executar e que só este ano conleva o peche de 24 tendas en Galicia  e que ao final provocará o peche de entre 1.000 e 1.200 tendas en todo o mundo, case o 15% do total


Con todo, o CEO de Inditex di nunha importante cita empresarial que o negocio será moito máis parecido ao que había antes da pandemia do que pensamos dado que aos clientes gústalles o contacto físico


Pablo Isla CEO de Inditex no Cu00edrculo de Economou00eda nunha imaxe desa organizaciu00f3n

Pablo Isla CEO de Inditex no Círculo de Economía nunha imaxe desa organización


O presidente de Inditex, Pablo Isla, advertiu ás institucións, ante a chegada dos fondos Next Generation EU de non caer "na autocompracencia nin nunha dinámica de non autoexigencia, porque os fondos non van durar para sempre, non son ilimitados", advertiu.

A ELITE EMPRESARIAL ESPAÑOLA REUNIDA EN BARCELONA

Díxoo este mércores en Barcelona durante a XXXVI Reunión Anual do Cercle d'Economia, nun debate co presidente de Telefónica, José María Álvarez-Pallete, e a presidente executiva do Banco Santander, Ana Botín, nunha sesión presidida polo vicepresidente do Cercle, Marc Puig.


Asegurou que que hai bos precedentes de execución de fondos procedentes de Europa en España, pero pediu abordar o tema da educación, porque "en España faltan empresarios" e non se está poñendo en valor o papel dos que hai --lamentou--, algo que vincula co ámbito educativo.

Tamén considerou que, aínda que hai en España empresas punteiras de diferentes sectores, non se fomenta o suficiente o espírito empresarial e, ademais, a regulación é "ríxida", polo que instou a implementar regulacións máis sinxelas e fáciles de entender.

O ANO EN QUE MÁIS ORGULLOSO ESTÁ DE INDITEX
Para Isla, 2020 foi o ano no que máis "orgulloso" sentiuse da súa empresa porque, aínda que chegou a pechar temporalmente o 95% das súas tendas en todo o mundo, foi un tempo crave na transformación estratéxica de Inditex.

Tamén asegurou que a pandemia acelerou a venda en liña; de feito, avanzouse o equivalente a tres anos en tan só un, aínda que as dúas vertentes --a en liña e a presencial-- "forman parte dun todo".

Así, constatou que nos últimos meses o cliente volveu con normalidade ás tendas físicas, xa que "á xente gústalle o contacto", polo que augura que o mundo volverá a unha realidade moito máis parecida á prepandémica do que cabería esperar.


Hai que ter en conta que Inditex ten en marcha un plan de dixitalización que está a supoñer, precisamente, a elimnación de moitas tendas físicas. En Galicia ducias este ano, centos en España e en China, por exemplo, pecharán todas os comercios físicos dalgunhas marcas.


SUSTENTABILIDADE E XÉNERO
Pablo Isla non vincula o impulso á sustentabilidade coa chegada da pandemia, senón que é algo previo á mesma, que "existe na sociedade e estase impulsando desde as empresas".

En canto ao papel da muller nas empresas, aseverou que están cada vez máis incorporadas nos postos de dirección e salientou en que teñen que seguir estándoo: "É clarísimo que cantas máis mellores en postos de dirección mellor, e coa máxima normalidade".

A Reunión do Círculo de Economía (RCE) celébrase ata este venres en Barcelona e está patrocinada CaixaBank, Consorci de Zona Franca de Barcelona (CZFB) e KPMG, coa colaboración do Concello de Barcelona.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress