​Unha empresa sueca realiza “sondaxes ilegais” en Santa Comba e Coristanco, denuncian ecoloxistas

|

As sondaxes de Eurobattery Minerals AB, segundo denuncian os grupos ecoloxistas, non contan com as autorizacións necesarias.


A empresa mineira, que xa realizou prospeccións en Braña dá Serra nas mesmas circunstancias o pasado ano, anunciou aos seus investidores que volvería á carga en Galicia.


Mina varilongo


Terreos da mina de Varilongo en Santa Comba


Desde a Asociación Ambiental Petón do Lobo denuncian que estes traballos se estan levando a cabo sen as pertinentes autorizacións, sen plan de restauración nin estudo de impacto ambiental. Xa o ano pasado a mesma empresa realizou máis dun quilómetro de sondaxes, unha cifra similar á que pretenden alcanzar este mes de xullo a través da súa filial Corcel Minerals SL e da empresa de sondaxes Geonor Servizos Técnicos SL.


Os ecologístas recalcan o “altísimo valor ecolóxico” da Braña dá Serra, unha zona que comprende os concellos de Coristanco e Santa Comba. De feito, o pasado ano, un grupo de entidades, co apoio de biólogos da USC e a UDC, solicitaron que se iniciase o proceso para declarar á zona Espazo Natural de Interese Local (ENIL) ou Espazo Privado de Interese Natural (EPIN).


“A empresa sueca chegou a manifestar o ano pasado que xa contaba cos permisos necesarios para comezar un proxecto de explotación de cobre, niquel e cobalto ao descuberto de grandes dimensións de inmediato, aínda que se acabou por descubrir que nin era titular dos dereitos mineiros nin contaba coas autorizacións para facer sondaxes, nin da propia Xunta nin dos concellos afectados”, denuncia o comunicado de Petón do Lobo


“As sondaxes realizadas ilegalmente en 2020 non contaban tampouco con proxecto de restauración ou estudo de impacto ambiental, que son preceptivos, a pesar da súa afectación aos acuíferos que poden causar alteracións no nivel frenático nunha zona húmida moi sensible”, lembran. Nese sentido, cursáronse sendas denuncian para a paralización inmediata da nova campaña de sondaxes.   



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress