Covid municipios: Vigo sobe a risco medio, Ferrol reconquista o risco baixo e Toques empeora ata risco máximo

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios confirma as dificultades das cidades galegas para manter niveis de risco baixo de covid-19. A incidencia acumulada de Vigo caeu ata este nivel -en amarelo no mapa- a finais da semana pasada pero hoxe volve a repuntar por encima de 25 e tínguese do laranxa do risco medio. Algo idéntico ao que sufriron en ocasións pasadas case todas as urbes do país.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios confirma as dificultades das cidades galegas para manter niveis de risco baixo de covid-19. 


A incidencia acumulada de Vigo caeu ata este nivel -en amarelo no mapa-  hai poucos días e hoxe volve a repuntar por encima de 25 tiñendose do laranxa do risco medio. Algo idéntico ao que sufriron en ocasións pasadas case todas as urbes do país. 


Galicia acumulaba varios días sen ningún municipio por encima de 250. Como este é o valor para partir do cal o SERGAS valora impoñer as máximas restricións (confinamento municipal, etc.), a Xunta encadeou dúas reunións seguidas sen impoñer estas restricións máximas. Con todo, isto pode cambiar na reunión do venres, pois Toques supera hoxe os 250. Iso si, hai que valorar que Toques ten tan pouca poboación, uns 1.100 habitantes, que lle bastan 3 ou máis diagnósticos para escalar ao peor dos niveis.




Ademais de Toques; Vilaboa, Soutomaior, Cortegada, Arnoia, Beariz, Lousame, Orozo, Zas, Pontedeume, O Vicedo, Maón, Triacastela, Outeiro de Rei e Portas son os concellos con peores datos na última semana, en proporción á súa poboación. Con todo, ningún deles supera os 125, porque o que están en risco alto, en vermello claro no mapa. Hoxe non queda ningún concello en risco extremo, entre 125 e 250, que Galiciapress expresa en vermello escuro nos seus mapas. 


Municipios de máis de 10.000 habitantes  cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Ourense +2
  • Pontevedra +2
  • Vigo +3



Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Ferrol -4
  • Coruña (A) -2
  • Santiago de Compostela -1
  • Outeiro de Rei -1
  • Soutomaior -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 



COMPARATIVA POR CIDADES

As cidade con peores niveis de covid-19 na última semana segue sendo Ourense. Pontevedra, Santiago, Vigo e -desde hoxe- Ferrol teñen 25 ou menos positivos por 100.000 cidadáns á semana. Isto permítelles gozar do risco baixo, en amarelo no mapa de Galiciapress e en verde nos gráficos do doutor Luís Vázquez:



Analizando os diagnósticos dos últimos 14 días, vemos como Santiago conquista hoxe o risco baixo, ao lograr baixar de 50, uníndose á Coruña. O resto de cidades aínda está en risco medio.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A curva de casos activos de todas os distritos tende á baixa desde principios de mes, sendo a de Santiago -a área que máis tardou en superar a cuarta onda- a que presenta un descenso máis brusco.




En canto aos casos activos de Covid-19 a nivel galego continúan con tendencia descendente por décimo oitava xornada consecutiva e redúcense a 1.679 no conxunto da Comunidade galega --o 18 de agosto do ano pasado había 1.678--, 50 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (121) que contagios (71) e non sumarse ningún falecido.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Santiago e Barbanza (-30); Vigo (-11); Pontevedra e O Salnés (-7) e A Coruña e Cee (-4), soben lixeiramente nas de Ourense (+1) e Ferrol (+1); mentres que se manteñen na de Lugo.

Así, a área de Vigo segue á cabeza con 441 casos activos de Covid-19; seguida da da Coruña e Cee, con 331; Santiago e Barbanza, con 253; Lugo, con 208; Pontevedra e O Salnés, con 186; Ourense, con 164; e Ferrol mantense á cola con 96. 


DATOS DE HOXE POR ÁREA


Pola súa banda, os novos contagios de Covid-19 detectados por calquera tipo de proba mantéñense por baixo do centenar ao descender a 71, once menos que a xornada anterior, tras iniciar esta semana con 54 e aumentar a 82 este martes.

En toda Galicia foron confirmados 68 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, deles 19 na área de Vigo; 15 na da Coruña e Cee; nove na de Ourense; oito na de Pontevedra e O Salnés; sete na de Lugo; seis na de Ferrol; e catro na de Santiago e Barbanza.



PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

egún os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, aumentan a 15 os pacientes que se atopan en UCI debido á Covid no conxunto de Galicia --uno máis--, mentres que descenden a 56 os que permanecen noutras unidades de hospitalización, nove menos.


Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas de Ourense, Vigo, Lugo e Pontevedra e O Salnés; mentres que aumenta lixeiramente na da Coruña e Cee; e mantense nas de Ferrol e Santiago e Barbanza.

Na de Ourense aínda que segue un paciente Covid en UCI descenden a catro os doutras unidades de hospitalización --tres menos--, e na de Vigo redúcense a catro o críticos --un menos-- e a catro os doutras unidades --dúas menos--.

Polo seu lado, na de Pontevedra e O Salnés continúa un ingresado pola Covid en UCI e redúcense a nove os hospitalizados noutras unidades --cinco menos--, mentres que na área de Lugo seguen dúas en críticos e descenden a catro os doutras unidades --dúas menos--.

Na área de Santiago e Barbanza aínda que se reducen a dúas os pacientes Covid en UCI --uno menos--, ascenden a 13 os doutras unidades --uno máis--; así como na de Ferrol, onde aumentan a tres os críticos --dous máis-- e descenden a seis os doutras unidades --dúas menos--. 



UQQNR incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (1)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE