Xa non queda ningún concello galego en risco máximo e Mos e A Pobra libres do confinamento
O mapa da incidencia acumulada semanal trae hoxe unha extraordinaria novidade. Por vez primeira non hai ningún municipio que supere os 250, cifra a partir do cal o SERGAS valora impoñer as máximas restricións (confinamento municipal, etc.). Ese nivel aparecía expresado en negro nos mapas de Galiciapress. Aparecía, porque, afortunadamente, hoxe xa non hai ningún territorio tinguido de negro.
O mapa da incidencia acumulada semanal trae hoxe unha extraordinaria novidade. Por vez primeira non hai ningún municipio que supere os 250, cifra a partir do cal o SERGAS valora impoñer as máximas restricións (confinamento municipal, etc.). Ese nivel aparecía denonominado como risco máximo e expresado en negro nos mapas de Galiciapress. Aparecía, porque, afortunadamente, hoxe xa non hai ningún territorio tinguido de negro.
Por tanto, era de esperar que a Xunta levantase hoxe algúns dos confinamentos perimetrais que mantén. De feito, o alcalde da Pobra do Caramiñal, un dos poucos confinados, anunciou esta mañá que "finalmente ou subcomité decidiu baixarnos a nivel de restrición alta, comeza a aplicarse o luns. Esta fin de semana seguiremos en nivel de restrición máxima".
Boa noticia que confirmou o SERGAS horas despois. Sanidade rebaixa a Mos e A Pobra a nivel alto de restricións e Galicia quedará o luns sen municipios pechados
Mentres Galicia no seu conxunto roza xa o risco baixo; Xove, Abadín, Cenlle, Zas, Soutomaior e Cortegada son os únicos municipios con incidencia acumulada superior a 125, pero menor de 250, risco extremo segundo os criterios do semáforo de alertas para este indicador, en vermello escuro no mapa.
Lembrar que o mapa de incidencia acumulada -que a diario actualiza Galiciapress coas cifras oficiais do SERGAS- non ten correspondencia total co mapa de restricións -dispoñible na web do SERGAS-; pois o Comité Clínico usa a incidencia acumulada como principal indicador para determinar os niveis de restricións, pero non é o único criterio que valoran os expertos.
Por exemplo, Ordes vai seguir en nivel alto de restricións a pesar de que a súa incidencia acumulada semanal é de nivel medio, segundo os criterios do semáforo oficial, en laranxa no mapa.
Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:
- Ribeira +1
- Vigo +1
- Coruña (A) +3
- Soutomaior +3
- Lugo +4
- Ourense +7
Ademais de Ordes, A Pobra e Mos; o outro municipio en nivel de restricións alto é Viveiro. O SERGAS impúxoas o martes e hoxe renovoulle este nivel, a pesar de que a vila vai mellorando. Grazas ao -5 do seu cómputo semanal hoxe, Viveiro sae de risco extremo (en vermello escuro) e pasa a risco alto (en vermello claro).
Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:
- Mos -13
- Santiago de Compostela -6
- Viveiro -5
- Pontevedra -4
- Ferrol -2
- Narón -1
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
Lugo era o distrito sanitario cunha peor evolución esta semana, debido aos brotes na Mariña e a o foco descuberto na Delegación da Xunta na capital provincial, foco que creceu de 8 a 18 positivos. Con todo, Lugo logra hoxe corrixir a súa tendencia e o seu total cae en 19 casos activos.
Ferrol era o outro área en tendencia ascendente esta semana, en parte debido a os 16 positivos detectados nun barco da Armada. Ese brote parece estar en vías de control, pois hoxe o total de positivos no distrito non crece e o cómputo de positivos semanal na cidade segue igual que onte, en 30.
Os casos activos de Covid-19 na Comunidade galega seguen con tendencia descendente que se mantén durante 13 xornadas consecutivas e redúcense a 2.052, que implican 104 menos que o día pasado ao haber máis altas (193) que contagios (91), ao que se suman dúas óbitos.
As infeccións activas descenden nas áreas sanitarias de Vigo (-61), Lugo (-19), Pontevedra e O Salnés (-15), Santiago e Barbanza (-12) e A Coruña e Cee (-1); mentres que soben lixeiramente na de Ourense (+4) e mantéñense na de Ferrol.
Así, a área de Vigo continúa á cabeza en casos activos con 574; seguida da de Santiago e Barbanza, con 358; A Coruña e Cee, con 356; Lugo, con 250; Pontevedra e O Salnés, con 232; Ourense, con 168; e na cola mantense Ferrol, con 114.
DATOS DE HOXE POR ÁREA
En canto aos novos contagios detectados con calquera tipo de proba volveron a situarse por baixo do centenar, en 91, tras romper a tendencia e elevarse a 106, despois de iniciar a semana con 76, rexistrar 90 o martes e 82 o mércores.No conxunto de Galicia foron confirmados 90 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas --19 menos--, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, deles 20 na área de Vigo; 17 na da Coruña e Cee; outros 17 na de Ourense; 12 na de Santiago e Barbanza; 11 na de Lugo; 10 na de Pontevedra e O Salnés; e tres na de Ferrol.
HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA
egún os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 15 as persoas ingresadas en UCI en Galicia --cinco menos-- e a 83 as que se atopan noutras unidades catro menos--.Por áreas sanitarias a presión hospitalaria descende en cinco das sete: Vigo, Santiago e Barbanza, A Coruña e Cee, Ourense e Lugo, mentres que se mantén na de Pontevedra e O Salnés; e aumenta lixeiramente na de Ferrol.
En concreto, na de Vigo baixan a catro os pacientes Covid en UCI --uno menos-- e a 10 os doutras unidades --tres menos--, mentres que na da Coruña e Cee seguen dous ingresados en críticos e descenden a 16 os doutras unidades --dúas menos--.
Mentres, na de Ourense queda un paciente en UCI --dúas menos-- e soben a sete os doutras unidades --uno máis--; e na de Santiago e Barbanza caen a tres o críticos --un menos-- e seguen 21 noutras unidades.
Na de Lugo mantéñense dúas en UCI e descenden a oito os ingresados noutras unidades --dúas menos--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés continúan dúas en críticos e 14 noutras unidades.
A área de Ferrol é a única na que sobe lixeiramente a presión hospitalaria xa que, aínda que queda un paciente en UCI --uno menos-- ascenden a sete os doutras unidades de hospitalización --dúas máis--.
Escribe o teu comentario