Covid municipios: Lugo rebota, Guitiriz empeza a mellorar e Vigo e Santiago a piques de baixar a risco medio

A evolución de positivos de coronavirus en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador da táboa ao final desta noticia.


|

As comarcas da Coruña, Ferrolterra, Betanzos, O Salnés e O Morrazo son as únicas na que as que a maioría de municipios segue en risco extremo, en vermello no mapa municipal da incidencia acumulada bisemanal de coronavirus en Galicia.


De todas as áreas metropolitana, a de Santiago é a que parece en mellor situación, pois todos os concellos están por baixo de 250, polo que escapan do vermello no mapa. De feito, xa hai varios como O Pino, Touro, A Baña e Ames que saíron do laranxa do risco alto para e están no beige de risco medio.


Non é tan boa a situación de as áreas da Coruña e Ferrol, onde non hai ningún municipio en risco medio aínda e case todos aínda están coloreados de vermello, ao estar no peor dos niveis posibles do semáforo de alertas estatal, o risco extremo.






Os concellos cuxo cómputo de diagnósticos a 14 días máis subiu hoxe respecto ao mesmo cómputo de onte son:



  • Oroso +2
  • Pontedeume +2
  • Pontes De Garcia Rodriguez (As) +2
  • Vilaboa +2
  • Vilanova de Arousa +4
  • Lugo +5
  • Cabanas +6


Nesta lista destaca a ausencia de Guitiriz e Ponteceso, que eran os municipios con peores cifras a pasada semana. Guitiriz (-6) dá indicios de dobrar a curva do seu brote causado pola cepa británica mentres que o balane de Ponteceso (-1) é moi pequeno aínda para sacar conclusións.




Os concellos cuxo cómputo de diagnósticos a 14 días máis baixou hoxe respecto ao mesmo cómputo de onte son:



  • Coruña (A) -34
  • Vigo -17
  • Carballo -15
  • Silleda -12
  • Arteixo -11
  • Ferrol -11
  • Santiago de Compostela -10
  • Narón -9
  • Ourense -9
  • Vilagarcía de Arousa -8
  • Culleredo -7
  • Oleiros -7
  • Sada -7
  • Vilalba -7
  • Verín -7
  • Marín -7


COMPARATIVA DE CIDADES


A Coruña e Ferrol son as únicas cidades galegas que quedan en risco extremo en función da súa incidencia acumulada semanal, que supera os 250. Con todo, xa non queda ningunha por encima dos 400, cando no pico varias superaron os 900.




Chama a atención que todas as cidades baixen, salvo Lugo, que rebota (+6). Alza que posiblemente ten que ver co brote de cepa británica detectado no barrio de Paradai. A melloría de Lugo empezou a estancarse a semana pasada, xusto cando xurdiron os primeiros brotes no CEIP de Paradai. O rebote de hoxe non é suficiente para alzar á urbe a risco extremo, pero a súa incidencia acumulada está ao límite dos 250:






A Coruña segue sendo a urbe con peores cifras. Con todo, a súa evolución segue sendo claramente á baixa, iso si, con algúns indicios de que o descenso vai perdendo velocidade. A incidencia acumulada da Coruña baixa dos 400 por vez primeira desde o 14 de xaneiro:




Tamén vai perdendo velocidade a melloría en Santiago que é, xunto con Vigo, a cidade con mellor evolución e, por tanto, unha das favoritas para beneficiarse dun alivo das restricións tras a reunión de expertos do SERGAS esta mañá.  O descenso de contagiso en Santiago foi veloz e xa ten os mellores datos desde o 19 de decembro, antes de nadal:



 


A evolución de positivos de coronavirus en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador da táboa ao final desta noticia.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREAS


Só os distritos sanitarios da Coruña, Vigo e Pontevedra quedan con máis de 1.000 infectados. As curvas de casos activos continúan a a  baixa en todas as áreas. Para atopar o último rebote hai retroceder ata o 2 de febreiro:




Os casos activos de coronavirus na Comunidade galega seguen en descenso e sitúanse en 8.066, o que supón 550 menos que os rexistrados ata a xornada anterior.

En concreto, redúcense nas sete áreas sanitarias galegas, das que tres se manteñen por encima do milleiro: A Coruña e Cee, con 2.647; Vigo, con 1.261; e Pontevedra e O Salnés, con 1.078; mentres que a de Santiago e Barbanza conta con 869; a de Ferrol, con 838; a de Lugo, con 795; e a de Ourense, con 578. 



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS


Os novos contagios diarios detectados con calquera tipo de proba baixan a 213 en Galicia, deles 206 confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Destes últimos, 63 corresponden á área da Coruña e Cee; 36 á de Lugo; 28 á de Pontevedra e O Salnés; 26 á de Ferrol; 22 á de Vigo; 19 á de Santiago e Barbanza; e 12 á de Ourense.






Deste xeito, os contaxiados con Covid-19 en Galicia ascenden a 110.951, deles 26.318 corresponden á área da Coruña e Cee; 20.859 á de Vigo; 17.759 á de Santiago e Barbanza; 14.457 á de Ourense; 12.128 á de Pontevedra e O Salnés; 11.559 á de Lugo; e 7.871, á de Ferrol.


HOSPITALIZADOS


Por áreas sanitarias, o maior descenso de pacientes con Covid en críticos corresponde á da Coruña e Cee, que contan con 46 --sete menos-- e 171 noutras unidades --tres máis--; mentres que na de Pontevedra e ou Salnés hai 17 en UCI --catro menos-- e 64 noutras unidades --tres menos--.

Pola súa banda, na área de Vigo caen a 61 os pacientes noutras unidades --dúas menos-- e soben a 21 os que se atopan en UCI --uno máis--; e a de Lugo mantense sen cambios, con 21 en UCI e 43 noutras unidades.

Por contra, na de Ourense hai seis ingresados con coronavirus en UCI --sen cambios-- e 67 noutras unidades --dúas máis--; así como na de Ferrol, que segue con 15 en críticos e conta con 95 noutras unidades --dúas máis--; e a de Santiago e Barbanza rexistra un máis en críticos (20) e un máis noutras unidades (82). 

KV7EO coronavirus por concellos de galicia  (14)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE