Méndez e Arroxo responden as críticas do PP por orzar 70.000 euros para dous coches do Concello de Lugo
Os conservadores lucenses apostan pola estratexia que no seu día serviu para desgastar o bipartito de Touriño e Quintana. A coalición de esquerdas respóndelles defendendo a necesidade da compra por motivos económicos e de coidado do medioambiente.
Onte o portavoz do PP no Concello de Lugo, Ramón Carballo, acusou o goberno local (PSOE e BNG) de destinar 70.000 euros, tras pedir un préstamos por sete millóns, a un coche de "alta gama" para os desprazamentos da alcaldesa, Lara Méndez. Ademais, censurou que se compre por 33.0000 euros outro coche para o goberno local.
Méndez hoxe en rolda de prensa presentando as contas para 2021
Fuentes oficiais do Concello indicaron onte a Galiciapress que a compra dos coches foi autorizada antes da pandemia. Indican, ademais, que os automóbiles remplazarán a dous vehículos moi antigos cuxo custo en reparacións para o concello é moi elevado.
Os portavoces engaden que os coches non serán para a alcaldesa e o vicealcade, senón que estarán ao dispor de todo o persoal do concello, en función das necesidades de cada día. Tamén rebaten as cifras enarboradas polo PP, pois exlican que os 70.000 euros é o orzado no seu día, cantidade que lembran pódese reducir na convocatoria do concurso e nas ofertas que se reciban. Ademais, engaden que resulta chocante que os conservadores poñan o foco neses 70.000 euros fronte a uns orzamentos de máis de 100 millóns e máis de 30 para servizos sociais.
Punto de visto que defendeu hoxe a alcaldesa. Lara Méndez asegura que son os de "a recuperación, da expansión". Están "pensados nas persoas", con "un orzamento de 106,4 millóns de euros que son os máis altos da historia de Lugo" e con 31 millóns de euros para servizos sociais.
"O PP resume esa valoración de orzamentos en algo anecdótico como é a adquisición duns vehículos para o parque móbil, porque a alcaldesa por ter non ten coche que o ten a nome do seu marido"
Por iso, lamenta que "o PP resuma esa valoración de orzamentos en algo anecdótico como é a adquisición duns vehículos para o parque móbil, porque a alcaldesa por ter non ten coche que o ten a nome do seu marido".
Lara Méndez (PSOE) remarcou que eses vehículos "son como coches de empresa para cando se necesitan, e necesítao a alcaldesa, os técnicos ou calquera funcionario cando ten que ir visitar unha obra ou ten que desprazarse a Madrid" a facer algunha xestión.
Tamén fixo especial fincapé en que ela móvese maiormente en "o seu" coche, que está a nome do seu marido. Pon de exemplo que todos os martes despacha co xefe da Policía Local na sede policial e vai "sempre" no seu vehículo.
O BLOQUE DESTACA QUE SON COCHES MÁIS VERDES
O primeiro tenente de alcalde, Rubén Arroxo (BNG), precisou que "a futura adquisición" deses dous vehículos para o Concello de Lugo forma parte de "unha renovación no parque móbil, debido á antigüidade dos vehículos existentes".
Estes novos coches serán "vehículos ecolóxicos, que contan coa vantaxe de reducir emisións e ser máis respectuosos co medio ambiente".
Escribe o teu comentario