A melloría do coronavirus en Galicia acelera e a taxa de positivos vaise aproximando ao 5 por cento

As últimas cifras do coronavirus en Galicia volven ser esperanzadoras. Sobre todo, a taxa de positividade, que por vez primeira en moito tempo achégase ao ansiado 5%.Hai que lembrar que a OMS estima que o 5% é máximo de positivos para estimar que un brote está en vía de control.


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia volven ser esperanzadoras. Sobre todo porque a taxa de positividade por vez primeira en moito tempo achégase ao ansiado 5%. 


Hai que lembrar que a OMS estima que o 5% é máximo de positivos para estimar que un brote está en vías de ser controlado. Onte Galicia tivo 5,04% ; a mellor cifra desde mediados de 16 outubro, cando se descontrolou esta onda. Con todo, aínda queda bastante para que esta melloría sexa o suficientemente sólida. A media semanal de positividade anda aínda por encima do 8%.


INCIDENCIAS ACUMULADAS Á BAIXA

Saltaron 426 positivos, que contribúen a baixar a incidencia acumulada semanal a 114 positivos por cada 100.000 galegos. A menor cifra desde o 26 de agosto.


Abrindo o foco a dúas semanas, vemos que a incidencia acumulada a 14 días tamén descende, de 266 onte a 255 hoxe. Leva baixando de maneira case inenterrumpida desde principios de novembro.




UNS 100 ENFERMOS MENOS CADA DÍA

Boas noticias tamén no cómputo de casos activos cae, un 1% desde onte. Isto axuda a que a media semanal descenda ao -1%, o seu mellor valor desde hai 10 días.  Quedan 8.452 infectados en Galicia, 127 menos que onte. De media, cada o cómputo descende en algo menos de 100. enfermos.




En conclusión, a melloría galega este novembro afiánzase e mesmo acelera un pouco. Bo dato a que chega a tempo da reunión de expertos deste venres na Xunta que ten que decidir sobre o posible desconfinamiento perimetral de localidades como Santiago ou Ourense.


DATOS POR ÁREAS

Ourense é precisamente a área con menos novos diagnósticos, só 15. Hai días que non pasa dos 20. Cífraa da área de Santiago,  57, tamén está en liña coa boa evolución recente. Vigo volve ser a que máis achega ao total, 115 positivos de 426 en toda Galicia.


En torno ao 25% dos novos contagios confirmados na Comunidade galega continúan rexistrándose na área viguesa, con 115, seis máis que a xornada anterior.

Con todo, a área sanitaria que notificou o repunte máis importante foi Ferrol, ata 19 infeccións detectadas máis, o que sitúa o total en 24 horas en 66. Tamén subiron, aínda que en menor medida, nas áreas da Coruña-Cee, a 91 (+5), e en Santiago Barbanza, a 57 (+9).

No lado oposto sitúase a zona de Pontevedra-O Salnés, con 51 positivos diarios por PCR, un descenso en sete tras varios días figurando como unha das primeiras áreas en número de contagios.

Ademais, diminuíron de maneira importante os contagios de covid-19 confirmados na área de Lugo-A Mariña-Monforte, que suma 31 novos casos (-17); e na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con tan só 15 positivos en 24 horas. 


Ourense e Santiago volven ser as que menos proporción de PCRs positivas sofren: Ourense (3,2%) e Santiago(4%). Por encima da barreira do 5% onte estiveron Ferrol (12,7%), Pontevedra (9,1%), Vigo (7,8%), A Coruña (6%) e Lugo (6%).





POSICIÓN NO SEMÁFORO ESTATAL

Así as cousas, Galicia segue en nivel de "risco medio" no semáforo estatal de alertas. É a mellor autonomía de toda a España peninsular, mesmo mellor que Baleares, só separada por unhas Canarias que están en "risco baixo".


De todos os indicadores, Galicia só ten no peor nivel "risco extremo", a incidencia acumulada a 14 días. Con todo, se a melloría de hoxe repítese mañá, é posible que baixe dos 250, pasando a nivel de "risco alto".




Flourish logoA Flourish data visualization







IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (26)





Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE