Louzán e a delegada da Xunta en Pontevedra enfróntanse a 3 anos de prisión por prevaricar as obras dun campo de fútbol


Rafael Louzán volve sentar no banco dos acusados este venres. O ex-presidente da Deputación de Pontevedra chega a xuízo acusado de prevariación polas obras de Buelo, en Moraña, onde gobernaba Luisa Piñeiro, a delegada da Xunta, tamén procesada. 


|

Rafael Louzán volve sentar no banco dos acusados este venres. O ex-presidente da Deputación de Pontevedra chega a xuízo acusado de prevariación polas obras de Buelo, en Moraña, onde gobernaba Luisa Piñeiro, a delegada da Xunta, tamén procesada. 


O actual presidente da Federación Galega de Fútbol será condenado a tres anos de prisión se o xulgado acepta as peticións do fiscal, ademais de 9 anos de inhabilitación para cargo público.


Louzánn inagurando o campo de futbol de Moraña nunha imaxe publicada na web do Moraña FC


Louzán inagurando o campo de futbol de Moraña en unha imaxe publicada na web do Moraña FC 


O campo  de Buelo é un dos moitos  estadios de herba sintética que mandou construír o político do PP na súa etapa final á fronte da Deputación. La febre construtora de campos de fútbol axudou a Louzán a conseguir os apoios suficientes entre os clubs provinciais para alzarse coa presidencia da federación autonómica, cando xa preparaba deixar a primeira liña política. A Deputación investiu case un millón de euros na obra. 


ASCENSO TRAS SER IMPUTADA

Tamén sentará no banco a ex-alcaldesa de Moraña, María Luisa Piñeiro Arcos. O fiscal considéraa cooperadora necesaria no delito de prevaricación e coautora dun delito de fraude. Para ela pide a mesma pena que para Louzán,


A imputación non truncou a carreira de Piñeiro, que ascendeu no escalafón 'popular' pasando de alcadesa de Morñaa a actual delegada da Xunta en Pontevedra. 


O propietario da construtora Eiriña, Enrique Alonso Pais; o seu compañeiro na compañía, Jaime Alvariñas;  o antigo responsable de obras da Deputación, Manuel González Juanatey; outros dous construtores de Pontevedra e O Salnés, D.G.F. e M.R.Ou. e o arquitecto D.A.L.Ou. completan a relación de acusados.


ADXUDICACIÓN SEN PUBLICIDADE A EIRIÑA

Segundo o relato do fiscal, Louzán e Piñeiro montaron unha artimaña administrativa para que Eiriña puidese cobrar máis de 80.000 euros a través dunha subvención do presidente ao Concello de Moraña. A subvención era para realizar unhas obras que, en realidade, xa foran construídas. 


Eiriña gañou o concurso para facer as ficticas obras mediante un procedemento negociado sen publicidade. Ao procedemento convidouse a outras empresas, como obriga a Lei, cuxos responsables tamén están imputados pois o fiscal supón que estaban no allo. 


Durante anos, Eiriña e empresas relacionadas con a familia do chofer de Louzán gañaron múltiples contratos mediante este procedemento negociado sen publicidade na Deputación de Pontevedra. 


OPERACIÓN PATOS 

Os responsables de Eiriña foron detidos no marco da Operación Patos. A maioría de supostas irregularidades en obras  descubertas pola Policía non se concretaron en acusacións formais. 


VERSIÓN DE PIÑEIRO

Piñeiro, que se negou a declarar na fase de investigación, respondeu hoxe a preguntas da prensa durante un acto este mércores. A política dixo estar "moi tranquila", serena e "confiando na xustiza".  A mandataria asegurou que ela colaborou coa Xustiza, cando polo menos nunha ocasión negouse a declarar.


Louzán, o outrora poderoso preboste do PP de Pontevedra e uns dos políticos máis importantes de Galicia estas décadas, non realizou declaracións por agora. 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE