A Fiscalía abre unha investigación sobre a Residencia de Salvaterra onde morreron ducias de anciáns con covid


A Fiscalía Superior de Galicia abre dilixencias sobre a Residencia de Salvatera de Miño. O fiscal xefe de Galicia remite a denuncia do Defensor do Paciente ao fiscal de Pontevedra. Traballadoras denunciaron hai unha semana ante a Xunta a falta de medios no asilo, acompañando o seu relato con durísimas imaxes.


|

A Fiscalía Superior de Galicia abre dilixencias sobre a Residencia de Salvatera de Miño. O fiscal xefe de Galicia remite a denuncia do Defensor do Paciente ao fiscal de Pontevedra. Traballadoras denunciaron hai unha semana ante a Xunta a falta de medios no asilo, acompañando o seu relato con durísimas imaxes.


WhatsApp Image 2020 11 11 at 12.32.43 PM (1)


Unha das imaxes que ilustraba a denuncia remitida á Xunta a pasada semana


Axénciaa Efe anuncia a apertura da investigación citando portavoces oficiais da Fiscalía.  Galiciapress informou que un narco, Manuel Ibañez Carrera, é copropietario do asilo, ao 50%. A outra metade tena o seu irmán.


CIFRAS CONTRADITORIAS

Segundo fontes dos traballadores consultadas por Galiciapress, ata o sábado pola tarde morreran 26 anciáns con coronavirus.  Cifra que dista moito do cómputo que ofrecía a Xunta un día antes, pois o venres Política Social indicaba que os falecidos eran 15. Varios dos enfermos morreron no asilo, sen ser traslados a un hospital.


No referido aos casos activos, o último cómputo oficial da Xunta, aínda hai 26 residentes e 20 traballadoras infectadas. 


A apertura de dilixencias por parte da Fiscalía non é algo excepcional. Sucedeu en ducias doutras residencias, sen conscuencias por agora. O excepcional é que suceda cando a Xunta leva ao temón tres semanas e unha semana despois de que algunhas traballadoras tivesen a valentía de facer público o drama.


En principio, todas as deficiencias anteriores a a intervención o 27 de outubro son responsabilidade directa dos xestores e propietarios, pero aquelas non emendadas unha vez que interveu Política Social serían responsabilidade da Administración.


VERSIÓN DA XUNTA

O Goberno Gallego asegurou que a atención aos anciáns é "correcta" desde que a Xunta leva o día a día. El SERGAS, a través dun médico que antes foi presidente da patronal de residencias privadas e cargo de DomusVi, pediu "tranquilidade" aos familiares.


Familiares que están chamados a unha concentración mañá fronte ao centro a partir das 11 horas. Convoca o sindicato CIG, o mesmo que denunciou en 2017 a falta de medios no asilo. O obxectivo da propesta é "acabar co matrato" aos maiores e esixir unha investigación xudicial.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE