Outro brote nunha residencia: Máis de 20 positivos en Domus vin Ribadumia, expedientada no seu día por falta de enfermeiras

Hai 26 persoas positivo de coronavirus na residencia Domus Vin de Ribadumia (Pontevedra) Así o informa Rede, o colectivo que aínda a familiares e a traballadores de residencias.Consultadas por Galiciapress a empresa e a Xunta, ningunha das dúas fontes confirma ou desmenten a noticia.


|

Hai 26 persoas positivas de coronavirus na residencia Domus Vin de Ribadumia (Pontevedra), 23 diagnosticadas hoxe. Así o informa Rede, o colectivo que aínda a familiares e a traballadores de residencias.


Consultadas por Galiciapress a empresa e a Xunta, ningunha das dúas fontes confirma ou desmenten a noticia. DomusVi indicou inicialmente que se está facendo un cribado cuxos resultados definitivos aínda non tiña completos. 


Moi pouco despois comunicou DomusVi que había "20 residentes positivos" e 5 traballadores diagnosticados. Como xa se sabía que había dous operarios positivos, as cifras de DomusVi confirman as adiantadas por Rede.


O venres saltaron varios positivos entre traballadores do xeriátrico. A Xunta confirmou o luns que dous operarios deran positivo. Varios medios locais informaron a continuación dun cribado na residencia. Cribado que pode ser a fonte dos 23 novos contagios que acaba de desvelar Rede.


DomusVi Ribadumia non  tivo ningún contaxio na primeira onda do coronavirus. Iso a pesar de que a Xunta abriulle expediente sancionador meses antes da pandemia por falta de enfermeiras. 


Posteriormente, cuestionada por Galiciapress, la Xunta confirmou que ese expediente había concluído e que non informaba do seu resultado porque DomusVi aínda podía recorrelo, do que se puiden deducir que algunha sanción si se impúxolle. En  2019, Política Social recibiu unha denuncia sobre a falta de efectivos en Domus Vin Ribadumia:



"É unha puta verguenza, estamos vendidas" din as traballadoras segundo un comunicado de Rede. O colectivo asegura que a residencia, cunhas 160 prazas, non ten médico e acusa á empresa dunha "conduta criminal". No Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta indícase que DomusVi Ribadamia debe contar con médico, aínda que a tempo parcial, o 40% dunha xornada normal.


A empresa asegura que agora hai 138 residentes. A compañía engade que todos os positivos están asintomáticos por agora. "As probas fixéronse a todos os residentes e traballadores" din portavoces oficiais, que aputnan a que aínda quedan 10 residentes cuxas resultados están sen confirmar. É dicir, o número de positivos podería aínda aumentar.


Domusvi ribadumia nunha imaxe de Google Street View


DomusVi Ribadumia nunha imaxe de Google Street View


Rede asegura que o persoal traballa "sen EPIs, sen control da hixiene e seguridade, sen persoal suficiente, sen uniformes, sen reunións do comité de seguridade e saúde por desplantes e desidia da empresa".


SEN RESULTADOS DO CRIBADO DE HAI 8 DÍAS

Desde este colectivo denúnciase que o luns 19 fíxose outro cribado a traballadores e algunhas usuarios, aleatoriamente. Oito días despois aínda descoñecen os positivos do anterior cribado mediante tests de saliva. Por iso conclúen que eses cribados cada 15 días dos que presume a Xunta non son eficaces.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE