Os casos activos soben en todas as áreas sanitarias salvo A Coruña e Pontevedra

Os contagios diarios sitúanse en niveis de finais de marzo e as PCR con resultado positivo duplícanse nun día, ata o 8,2%

|

Ademais da crise de Ourense, Santiago é a outra área cunha evolución máis preocupante.


 

Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (6)



Os positivos por coronavirus detectados nas últimas 24 horas en Galicia disparáronse a 413, unha cifra que se sitúa en niveis de finais de marzo. Máis da metade das infeccións diarias, unhas 235, rexístranse na área sanitaria de Ourense, que marca récord histórico debido aos dous novos brotes en dúas residencias da provincia, con máis de 150 casos.

Segundo o parte deste venres da Consellería de Sanidade, con datos a última hora do xoves, os casos activos de COVID-19 --persoas que aínda padecen a enfermidade-- sitúanse en 4.264 en total, 181 máis que hai un día.

En canto aos curados, son xa 21.106, o que significa que ao longo da última xornada déronse 246 altas. Ademais, nos últimos datos de Sanidade constan 776 falecidos diagnosticados de coronavirus, dous máis.

En concreto, na tarde do xoves notificouse a morte dun home de 61 anos no Hospital Montecelo de Pontevedra --pai dunha das traballadoras da planta avícola de Cambados na que se rexistrou un brote-- e o doutro home, de 57, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Así mesmo, Sanidade informa de que ata o momento realizáronse 537.192 probas fronte ás 531.410 do parte anterior, o que supón que se realizaron 5.782 PCR en 24 horas. Destas, o 8,2% arroxou resultado positivo, máis do dobre con respecto á xornada anterior, cando foi o 4%.

Desde o inicio da pandemia, Galicia sumou un total de 26.146 casos de coronavirus.

ÁREAS SANITARIAS
Por áreas sanitarias, a de Ourense, Verín e O Barco anota 235 novos contagios, o que supón a cifra máis alta de toda a pandemia e máis da metade dos detectados en toda Galicia nas últimas 24 horas. Ademais, as persoas coa enfermidade na provincia soben a 1.351. Cabe destacar que, nesta área, a porcentaxe de positividade das probas realizadas sitúase xa no 19,5%.





A segunda área con máis contagios diarios, 51 nas últimas 24 horas, é a de Vigo, que conta con 433 casos activos. Segue a esta a de Santiago e O Barbanza, con 49 novos positivos e 552 persoas coa enfermidade aínda activa.

Na área da Coruña e Cee, detectáronse 31 novos positivos por PCR e os casos activos son 757. A maiores, son 20 novos na de Pontevedra e O Salnés, que conta con 573 pacientes, e 18 novos diagnósticos na de Lugo, A Mariña e Monforte, con 494 casos activos de COVID-19.

A área de Ferrol é a que menos positivos detectados nas últimas 24 horas suma, con 8, mentres que o número actual de pacientes sitúase en 104. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE