O paro baixou un pouco en Galicia en abril pese ao coronavirus pero aínda así é a peor cifra dos últimos 14 anos

|

O alivio é mínimo, a penas 547 desempregados menos, pero dá esperanzas de que o golpe máis duro ao emprego xa se superou. En España sobe o desemprego, aínda que moitísimo menos que o mes anterior. Madrid, Cataluña, Castela León e Euskadi levan a peor parte no estado. En Galicia a que máis sofre é Lugo.



ou00bfcomo variou o paro




O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo INEM) en Galicia baixou en 547 persoas (-0,29%) en maio respecto a abril ata os 191.082 parados, o que contrasta coa subida de 26.573 desempregados en España (+0,69%), segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social publicados este martes.
Paro en maio en Galicia En cambio, na comparativa interanual o paro dispárase un 18,8% en Galicia en maio respecto ao mesmo mes de 2019, con 30.277 desempregados máis. É dicir, aínda queda moitísimo que recuperar para superar o impacto do virus no emprego. 







Con todo, o incremento de maio no Estado foi dez veces menor que o rexistrado en abril e once veces máis baixo que o de marzo, meses nos que a crise sanitaria levou a un repunte do desemprego de 282.891 e 302.265 parados, respectivamente. Traballo destacou ademais que o ritmo mensual de crecemento do desemprego reduciuse desde o 8% de abril ao 0,69% en maio.




A comunidade con mellores datos este mes é Pontevedra e a peor Lugo.





Se se ten en conta o paro por sexos, no mes de maio de 2020 contabilizáronse 83.931 de homes desempregados, fronte ás 107.151 mulleres paradas. 





O Ministerio de Emprego e Seguridade Social tamén publica a cifra de afiliados á Seguridade Social. En maio de 2020, rexistráronse 976.374 de afiliados, cunha variación de 0,16% en comparación co mes anterior. Con respecto ao mesmo mes de 2017, a variación foi de -4,13%.  




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress