Quinto día seguido de repunte de hospitalizados por coronavirus, mostra a gráfica de Galicia


A evolución do coronavirus esta semana non está a ser especiamente boa en Galicia. Tampouco alarmante, pero hai algúns indicadores que non están a ir na dirección esperada. Particularmente o de novos hospitalizados, que sobe por quinto día consecutivo. Tampouco son bos os números do indicador de positivos, especiamente por anticorpos. Positivos por anticorpos que, por certo, a Xunta segue sen publicar.


|

A evolución do coronavirus esta semana non está a ser especiamente boa en Galicia. Non alarmante, pero hai algúns indicadores que non están a ir na dirección esperada. Particularmente o de novos hospitalizados, que sobe por quinto día consecutivo. Tampouco son bos os números do indicador de positivos, especiamente por anticorpos. Casos novos por anticorpos que, por certo, a Xunta segue sen publicar.


HOSPITALIZACIÓNS


A serie máis preocupante é a de novas hospitalizacións. O sábado só entraron 5 pacientes, pero o domingo foron 8,  10 o luns, 19 o martes, 22 o mércores e 24 o xoves.  


Non é que sexan cantidades alarmantes. De feito, fosen boas noticias hai dúas semanas. Hai dúas semanas si, pero hoxe xa non.


Os 24 de hoxe son  a peor cifra de hospitalizados desde o 20 de abril, hai 18 días.


Este repunte (destacado en vermello na gráfica) de cinco días rompe, ademais, unha tendencia xeral de alivio desde o pico de finais de abril. 


Está a se complicar a situación nas plantas dos hospitais? Afortunadamente, en teoría por agora non, porque cada día están a se curar uns 150 galegos, suponse que algúns deles en hospitais, non todos en casa.





CONTAxIOS


Que nos di a cifra de positivos? De haber un repunte, esta debería ser a primeira en darnos sinais de alarma. 


O problema é que a falta de transparencia da Xunta á hora de informar dos positivos de anticorpos dificulta interpretar esta gráfica clave.


Ata hai catro días Galicia non notificaba a diario  ao Ministerio dos positivos por anticorpos. Era das poucas autonomías que non o facía.


Por iso na gráfica que publica o Ministerio sobre Galicia aparecen columnas azuis (os positivos por anticorpos) só no últimos catro días. 




Gráfica do Ministerio sobre a evolución do coronavirus en Galicia, a columa azul son os positivos por anticorpos, a verde os positivos por PCR



Gráfica de o informe diario do Ministerio sobre a evolución do coronavirus en Galicia, a columa azul son os positivos por anticorpos, a verde os positivos por PCR




Por iso o total de positivos na gráfica de Galiciapress dispárase tamén nos últimos días. Levabamos catro xornadas cuns cincuenta ou menos. Hoxe xa sumamos tres días con 100 ou máis casos confrimados en Galicia.




E se nos fixamos só nos positivos por PCR? Estes si que a Xunta os notifica a diario desde o inicio da crise, polo que deberían transmitir unha imaxe máis fiel da evolución recente da epidemia.


Ao picar na pestana de "Novos positivos PCR" da gráfica de Galiciapress, observamos que o número diario de casos confirmados leva unha semana estabilizado nuns 50 ao día. Non son malas noticias, poida que mesmo boas, porque hai unha lixeira tendencia descendente.


E como locen estes 50 ao día coas cifras de semanas pasadas? Imposible de saber, debido ao cambio de metodoloxía executado pola Xunta a finais de abril. 


Achéganos algunha pista a serie "novos positivos anticorpos"? Non, debido a que a Xunta os notifica a Madrid irregularmente. De feito, non os notificou en absoluto ata finais de abril, cando case todas as autonomías xa levaban semanas facéndoo.


O único que podemos saber é que cada día están a aparecer entre 63 e 193 positivos de anticorpos. E grazas a que podemos deducilo  dos informes de o Ministerio, porque a Xunta non ofrece eses datos á opinión pública galega.


Non serán eses recentes positivos de anticorpos produto de o  test masivo de seroprevalencia?  Porque de ser así, distorsionarían por completo a evolución da serie de casos confirmados. Galiciapress realizou esta pregunta hai tres días á Consellería de Sanidade. Sen resposta por agora desde a Xunta. Xunta que acaba de anunciar o fin da primeira parte dese estudo con 61.836 probas e un número de positivos que non revela, polo menos por agora.


Así as cousas, máis aló de queixarnos da falta de transparencia, o único que podemos afirmar é que o número de positivos por PCR non está a aumentar, quizais baixando un pouco.


UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


As cifras de ocupación de UCIs permítennos intuír a evolución da pandemia con varias semanas de atraso.


Galicia leva gañando espazo nas unidades de coidados intensivos desde o principio de abril, case sen interrupción. Os casos activos hoxe son 26 pacientes en UCI, a menor cifra desde hai case dous meses. 


O ritmo de descenso é lento e  está impulsado non só por mellorías de enfermos,  tamén polos falecementos de enfermos graves.  


Onte non houbo ningún novo ingreso en UCI. No que levamos de semana ingresaron 8 pacientes en UCIs, o que indica nesta fronte a pandemia aínda segue dando guerra. Iso si, moitísima menos que antes, pois houbo xornadas de 13 ingresos diarios. 




FALECEMENTOS


O indicador de decesos é o que máis tarda en variar respecto a os cambios na evolución da pandemia.


En Galicia, ata onte faleceran 588 persoas. O ritmo diario, con só dúas mortes onte, non parece estar a subir, máis ben tende á baixa. 


Por agora, faleceron 132 persoas en residencias. Se a eses engadimos os 134 decesos en hospitais, peroque  eran persoas que vivían ou traballaban nalgún centro asistencial, resulta que o 45% das mortes está relacionada cunha residencia.


Afortunadamente, onte non morreu ninguén nun centro asistencial. 


DATOS DE CORONAVIRUS EN ESPAÑA


O lentísimo descenso dos falecidos diarios tamén se pode observar na gráfica española. As boas noticias son que a tendencia xeral é descendente. Con todo, aínda onte morreron 264 persoas por coronavirus, cos que xa hai máis de 26.00ou falecidos.




Fernando Simón alertou que nos próximos días empezaremos a ver na gráfica de casos diarios se o desconfinamiento parcial dos nenos causou un repunte de contagios. Os 1095 de hoxe é a peor cifra desde o sábado, pero inferior á media da semana pasada. Demasiado pronto para sacar conclusións a este respecto.


A nivel internacional, Brasil xa é o segundo estado con máis mortes diarias, aínda que lonxe de Estados Unidos, onde seguen muirendo máis de 2.000 persoas cada xornada.



Made with Flourish











5uVD5 hospitalizados en galicia por coronavirus (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE