Ningún ingresado por coronavirus nas UCIS do SERGAS o último día, indican os datos do Ministerio

Hai que ter en conta que os datos que facilita a Xunta e o Estado difiren un pouco.


|


Sen grandes novidades na gráfica de novos contagios diarios en Galicia. O cal, a estas alturas da crise, non son malas noticias. Os 406 novos positivos móvense no rango de 400-500 observado desde o 26 de marzo. Un indicador que apunta a certa estabilización da epidemia.




En todo caso, o COVID segue avanzando en termos absolutos. Son xa máis de 5.200 galegos positivos nas probas, segundo os últimos datos oficiais do Ministerio de Sanidade.





Dado o reducido do número de test realizados, cada vez é necesario prestar atención a outros indicadores.


No referido a ingresos na UVI, tamén se aprecia unha certa estabilización desde hai días. De feito, as cifras publicadas hoxe desde  Madrid indican que non hai ningún novo ingreso nas UCIS do SERGAS nas últimas 24 horas. O cal é sorprendente.




Hai que ter en conta que os datos que facilita a Xunta e o Estado difiren un pouco. Por exemplo, onte Madrid contaba 178 ingresos nas unidades de coidados intensivos galegas e o SERAGAS informaba de 176. 


O 65% das prazas UCI no SERGAS estaría xa copada por pacientes de coronavirus, xa que o SERGAS ten -segundo datos facilitados pola Consellería a Galiciapress hai dúas semanas- 274 camas deste tipo.


Con todo, hai que ter o en conta que o SERGAS non está a ingresar en UCIs a todas as persoas anciás que enferman e posteriomente falecen, como relata unha das sobreviventes. Os grandes dependentes, ademais, adoitan ser atendidos nas propias residencias. A pesar de ser o colectivo máis vulnerable, non aparecen nas estatísticas de ingresos hospitalarios nin ingresos en UCIs.


UN MES DESPOIS, Os DATOS SEGUEN SEN CADRAR

A diferenza pode deberse a que Galicia dá os datos desagregados -separando activos, de falecidos e curados. As cifras de total de casos do Ministerio son acumulativas; é dicir, non restan nin falecidos nin curados.


Estas diferenzas metodolóxicas confunden á opinión pública. Ademais, como cada autonomía parece estar a contar de maneira diferente, contribúen a que os datos a nivel estatal non teñan a fiabilidade que debesen, sobre todo nun asunto tan crítico.


A gráfica logarítmica de positivos mostra que a epidemia segue aplanándose tanto en Galicia como en España. Madrid supón aproximadamente un terzo do total de casos:








Iz1Dg pacientes de coronavirus ingresados en ucis de galicia





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE