Coronavirus: A gráfica en Galicia dispárase con case 100 positivos novos en día e medio

Todo un xerro de auga fría porque ao mediodía do martes só había unha subida de 47 positivos, que era un ritmo similar ao das xornadas anteriores.


|

O Ministerio de Sanidade acaba de publicar os datos oficiais do coronavirus referentes a este martes ás 20 horas. Para Galicia, con 341 positivos confirmados o mércores, son preocupantes. A gráfica mostra un claro aumento no seu mortal escalada.





CAMBIO NA FRECUENCIA DE DATOS

Os datos de hoxe representan 96 positivos novos. Agora ben, hai que matizar que poden ser datos de día e medio, pois antes o Minsterio publicaba datos actualizados ao mediodía -que eran os que reflectían as gráficas deste diario- e hoxe, polo contrairo, publicou ao mediodía datos de onte ás 20 horas. 


É dicir, que a subida de 96 positivos de hoxe pódense considerar en realidade como un subida produto de día e medio, desde o mediodía do luns ata as 20 horas do martes. 






A epidemia de COVID - 19 dá así un salto cuantitativo importante en Galicia. 





A situación en España é  bastante máis dramática aínda. O Estado alcanza a cifra de 13.716 casos positivos confirmados  e non hai  indicacións de que a epidemia remita. 





É máis, as últimas cifras implican un aumento récord tamén a nivel español e madrileño:


 



Madrid, con case 1.500 novos casos onte segue sendo a zona con máis contagios en España. A incidencia acumulada nos últimos 14 ídas, que mide o número de positivos en función á poboación, mostra que Madrid, País Vasco, Navarra e A Rioxa son as áreas máis problemáticas.


Galicia atópase na zona media-baixa de esta  clasificación. Murcia e os arquipélagos parecen ser as autonomías con menos incidencia nas últimas dúas semanas. 



Mapa Incidencia Acumulada Coronavirus Espau00f1a




 

No referido ao número absoluto de casos confirmados, Madrid é a moita distancia a comunidade con máis problemas. Son 4.871 casos fronte aos 1.349 da seguinte, Cataluña.



Hai que ter en conta que os expertos sinalan que as cifras de hoxe reflicten en realidade os novos contagios que se produciron fai 4 ou 5 días. Así que, de notarse, as medidas de distanciamento social tardarán aínda varias xornadas en apreciarse nas estatísticas. Por exemplo, o peche voluntario das clases en Galicia foi hai 5 días. A corentena case total, porque hai fábricas e obras públicas traballando., non se impuxo ata hai 3 días.


EFECTO DAS CASAS DE SEGUNDA RESIDENCIA?

A ter en conta que a finais da semana pasada ducias de miles de madrileños, emigrantes galegos no Estado e outros colectivos con casa no país viñeron á autonomía desatendendo as peticións oficiais de non viaxar, ante os rumores de corentena na capital do Estado. Por tanto, os efectos dos posibles contagios neste grupo de persoas deben empezar a notarse estes días nos datos galegos.


HAI QUE EMPEZAR A FIXARSE MÁIS NO NÚMERO DE INGRESADOS EN UCI E MORTOS

Ademais, sinalar que os expertos tamén indican que o número de novos casos xa non é tan importante para darse conta da situación actual. É unha evidencia que, ademais das persoas co virus que son asintomáticas, hai moitos probables infectados que non se lles fan a proba simplemente porque Sanidade non ten suficientes test. 


Por iso, os técnicos nesta materia indican que agora hai que seguir máis o número de mortos, ingresados en planta hospitalaria e ingresados na UCI; pois son casos que en teoría escápanse en menor grao das redes estatísticas oficiais. 





R0hZy evoluci n de positivos de coronavirus en galicia (2)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE