A Ourense "benefícialle" que Verín non teña paritorio, di Jácome

O alcalde ourensán fala "desde o interese" da situación do hospital comarcal, pero matiza que non quere "beneficiarse das necesidades dos demais"

|

O alcalde de Ourense critica ao PSOE por presentar unha moción para que reabra o paritorio verinés, pero matiza que non quere "beneficiarse das necesidades dos demais". As nais que antes daban a luz en Verín agora deben ser trasladadas, salvo urxencia, á capital.


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, sostivo que "desde un punto de vista egoísta" ao Concello de Ourense "benefícialle" que Verín non teña paritorio, aínda que recoñeceu que non quere "beneficiarse das necesidades dos demais".


Gonzalo perez jacome


Así o trasladou este venres o primeiro edil no Pleno extraordinario, que se celebrou na casa do concello e que rexistrado a moción dos socialistas na que solicitaron "a apertura inmediata do paritorio e do servizo de urxencias pediátricas do Hospital de Verín".


O rexedor tomou a palabra para introducir unha serie de "matizacións" e criticar o feito de que se presente en Ourense unha moción que "afecta exclusivamente a Verín". "Non procede en absoluto que nos poñamos a demandar temas que incumben a outros concellos. É o colmo", precisou Jácome.

Neste sentido, o PSOE respondeu dicindo que "cada un retrátase a si mesmo co seu modo de pensar", antes de continuar instando á Xunta de Galicia a que "reabra, manteña e mellore, de modo inmediato, o paritorio do Hospital de Verín".

Ademais, os socialistas introduciron na súa moción unha data límite sinalada: "antes do mes de febreiro". O portavoz do partido, Rafael Rodríguez Villarino, criticou ao Partido Popular ao entender que a súa emenda á moción é "tan só unha declaración de intencións, que non concreta nada".


POSTURA DO BNG E C'S

Pola súa banda, a edil nacionalista Ruth Reza cargou contra "a axenda oculta do PP" que, nas súas propias palabras, "busca centralizar os servizos nas cidades e fai unha aposta pola sanidade privada".

O grupo municipal de Cidadáns falou dun "desmantelamento progresivo" do hospital de Verín e entende que "se quixo facer pola porta de atrás, con nocturnidade e aleivosía".

Finalmente Democracia Ourensá e PP presentaron unha emenda a esta moción do PSOE que se aprobou cos votos a favor das dúas formacións políticas asinantes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE