"Estaba a tentar coller o peito, quitáronllo á nai e levárono a Ourense", denuncia o pai do neno nado en Verín


A historia do nacemento esta madrugada dun neno en Verín é, canto menos, surrealista e ameaza cunha nova onda de críticas a un Feijóo que, forzado pola presión pública e do PP de Ourense, ábrese por vez primeira a dar marcha atrás.


|

A historia do nacemento esta madrugada dun neno en Verín é, canto menos, surrealista e ameaza cunha nova onda de críticas a un Feijóo que, forzado pola presión pública e do PP de Ourense, ábrese por vez primeira a dar marcha atrás.


A pesar de que o paritorio está pechado, unha nai apurada presentouse no Hospital de Verín esta madrugada. Vista a urxencia, o xinecólogo xefe verinés descartou enviala en ambulancia a Ourense. Deu a luz con éxito un neno san nun paritorio oficialmente clausurado.


Como en Verín xa non teñen pediatra, chamaron un de Ourense.  A versión do equipo verinés é que este compañeiro ourensán decidiu separar o bebé -aparentemente san- da súa nai e levalo ao hospital da capital. A versión do compañeiro e do SERGAS non se coñece, pois non a fixeron pública ata o de agora.


O que é indubidable é que incumpríronse así todas as recomendacións médicos, que indican que os nenos  -unha vez superada a avaliación pediátrica- pasen no peito das súas nais as súas primeiras horas; sempre que a saúde dos dous o permite, como parecía ser neste caso, para que a lactación natural -a máis aconsellable- empece canto antes.


Como o protocolo médico obriga ás nais para quedar baixo estrita observación durante as primeiras horas postparto por se hai hemorraxias, a parturinta non puido ir co bebé a Ourense. Non foi ata as 11:30 da mañá que finalmente se reuniron.


O PAI, INCRÉDULO

Unha peripecia que, loxicamente, non sentou nada ben ao pai. "Estaba o neno tentando coller o peito, quitáronllo e levárono para Ourense", queixouse o pai en declaracións ao local Diario do Támega ; "o normal é que llo deixasen porque estaba ben".


A peripecia familiar non acaba aquí, porque cando por fin os pais chegan ao Hospital de Ourense para atoparse co seu fillo, non puido ser inmediatamente porque "tivérona sentada nunha cadeira de rodas durante dúas horas", a pesar de "atoparse mareada e sufrir sangrados". O pai declara que non viu ao seu fillo ata case o mediodía.


SILENCIO MENTRES LLE CHOVEN AS CRÍTICAS Á XUNTA

O SERGAS non deu por agora a súa versión do sucedido. E iso que lle empezan a caer paus por todas partes.


Paus lóxicos desde a oposición. Así, o líder do PSdeG visitou hoxe aos profesionais que seguen encerrados no Hospital de Verín para mostrar o seu "compromiso co mantemento dos servizos sanitarios en Verín". Ademais, a oposición prepara unha nova batería de preguntas e Feijóo terá que responder sobre o paritorio no pleno.


Gonzalo Caballero Veru00edn 121219

O líder da oposición hoxe en Verín


BALTAR QUEDASE NA MERA CRÍTICA VERBAL

E paus máis inesperados, desde o propio PP. Hoxe mesmo Manuel Baltar reiterou que hai  un "clamor unánime" contra o peche do paritorio de Verín, "un escenario que hai que reverter"


Advertencia clar para un Feijóo, que non debe caer no pánico pois o presidente do PP de Ourense, a única familia que non controla o feijooismo, tamén megam que os deputados ourensáns vaian desmarcar no pleno: "non esperen ningún espectáculo". E dicr, que nin caso ás ofertas da oposición de sumar votos na Cámara puntualmente para defender o paritorio.


FEIJÓO EMPEZA A DAR MEDIA VOLTA

Visto o cariz da crise, non sorprende que Feijóo xa busque unha saída airosa. O que antes era unha decisión inamovible para protexer a seguridade de bebés e naishoxe é algo que se pode liquidar cubrindo as dúas prazas de pediatras que publica hoxe o DOG.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE