Cae a participación cinco puntos respecto a as eleccións de primavera

A participación nas eleccións xerais ata as 14,30 horas sitúase na Comunidade galega no no 31,98% co 98,63% das mesas analizadas, segundo os datos ofrecidos na páxina web do Ministerio do Interior, 'https://resultados.10novembro2019.es/'.

|

Lideres votando

Líderes das principais forzas electorais votando



A participación nas eleccións xerais ata as 14,30 horas sitúase na Comunidade galega no no 31,96%  co 100% das mesas analizadas, segundo os datos ofrecidos na páxina web do Ministerio do Interior, 'https://resultados.10novembro2019.es/'.

Nas eleccións do 28 de abril de 2019 a participación á mesma hora era do 36,97%, polo que durante as seis primeiras horas da celebración destes comicios, este valor reduciuse cinco puntos porcentuais. Sete meses despois das primeiras eleccións xerais do ano, a participación é menor tanto na Comunidade como no resto do Estado.

Dos 2.237.377 millóns de galegos chamados a votar este domingo segundo o censo, 715.571 exerceron o seu dereito ao voto. Unha cifra que se viu reducida con respecto ao 28 de abril, cando a tal hora 828.325 cidadáns xa depositara a súa papeleta.

En concreto, todas as provincias presentan neste primeiro avance cifras de participación máis baixas que o 28 de abril de 2019. Na Coruña 291.491 cidadáns xa acudiron ás mesas electorais para votar, o que supón o 31,40% dos censados. Pola súa banda, o 32,91% de pontevedreses con dereito a voto (254.318) xa visitaron as urnas.

En Ourense, 85.992 galegos votaron desde a apertura das mesas electorais, o que significa un 33,18% dos censados. Por último, ata este momento, 83.770 censados en Lugo depositou o seu voto nas súas circunscricións da provincia.

A esta hora da tarde, todas as mesas de Galicia permanecen abertas e a apertura das mesmas transcorreu sen incidentes. Ademais, todos os líderes políticos da esfera galega xa exerceron o seu dereito ao voto.

CONXUNTO ESTATAL
Con respecto ao resto do Estado, os datos nacionais non distan dos galegos aínda que mostran un maior índice de participación. A tal hora, o 37,93% dos españois xa participaron nas eleccións deste domingo.

Nos comicios do 28 de abril de 2019 a participación ás 14,00 horas foi do 41,49%, polo que esta vez é 3,6 puntos inferior á de fai sete meses, segundo os primeiros datos. En total, votaron ata as 14,45 horas 13,22 millóns de españois, máis dun millón menos que o 28 de abril de 2019.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE