Está a mafia chinesa entrando en Galicia para instalar plantacións industriais de marihuana?

A maior plantación de marihuana na historia de Galicia foi atopada nunha nave propiedade de Solucións Poligráficas. Un inmoble e unha empresa que recibiron importantísimas subvencións públicas, principalmente ao fío do Plan Ferrol, ata fai uns seis anos. O seu responsable alega que tiña ese espazo alugado a empresarios de bazares chineses.


|

A maior plantación de marihuana na historia de Galicia foi atopada nunha nave propiedade de Solucións Poligráficas. Un inmoble e unha empresa que recibiron importantísimas subvencións públicas, principalmente ao fío do Plan Ferrol, ata fai uns seis anos. O seu responsable alega que tiña ese espazo alugado a empresarios de bazares chineses.


O actual administrador único declarou a La Voz de Galicia  que descoñecía a ílicita actividade na súa nave, dado que hai un ano alugou unha parte a uns empresarios chineses relacionados cos bazares. Segundo Ramón Tudela, os seus inquilinos indicáronlle que ían establecer unha planta para o seragrifiado e pasado o ferro de roupa. 



Marihuana intervida nas Somozas

4.000 plantas de marihuana intervidas nas Somozas


Outra parte da nave estaría seguiría destinada á impresión tradicional por parte dun grupo catalán polo menos ata hai uns meses, que é onde imprimíronse papeletas electorais para os comicios locais de maio. En teoría, sen que ninguén soubese que alén das simples divisións de pladur ocultábase, en palabras da Garda Civil, unha verdadeira "industria" da droga, cunhas 4.000 plantas de cannabis.


As investigacións seguen en marcha e por agora non hai ningún español detido. A pesar de que a media ducia de operarios chineses arrestados na nave son considerados polas autoridades como simples peóns que eran explotados -non saían da nave nunca e vivían en precarias condicións- por unha organización criminal sofisticada.


Segundo informou o Goberno, a nave segue sendo propiedade de Soluciones Poligráficas. As administracións aínda non explicaron como oun inmoble construído hai unha década a golpe de talonario público -a cifra de subvencións recibida por Soluciones Poligráficas cando era parte do italiano Grupo Ponti estímase en máis de 20 millóns de euros- terminou albergando a maior plantación de droga nunca descuberta en Galicia.


MACROPLANTACIÒNS CHINESAS DE MARIHUANA INTERIOR

As investigacións proseguen para desvelar os xefes da organización. Non é a primeira vez que se detecta en Galicia actividade de cidadáns chineses vinculadas a grandes plantacións industriais de marihuana.


En abril, un cidadán chinés era detido en Ourense como parte dun armazón que, precisamente, operaba factorías de marihuana tendo a compatriotas e vietnamistas en situación similar á escalvitud.


Ai  modus operandi garda paralelismo co detectado en Ferrol. Interior acusou entón, en abril, a  persoas de nacionalidade Chinesa con intereses empresariais no mundo dos bazares de conformar unha organización criminal dedicada á explotación de persoas para realizar cultivos de marihuana en naves afastadas de núcleos de poboación, de forma que non levantasen ningún tipo de sospeita.


Unha forma de actuar que os Mossos d'Esquadra xa levan anos detectando en Cataluña, especialmente en Barcelona. “É perfecto para eles. É o máis parecido a montar unha fábrica, que é o que dominan e gústalles. Un sistema industrial de produción onde poden forzar á man de obra e vender o produto por baixo do custo habitual. Igual que fan co téxtil, a hostalería ou outros sectores”  explicaba un mosso ao Español en 2017.  


Vista a operación de maio -onde se detiveron a 21 cidadáns chineses en naves de Zamora, Valencia, Xaén e Guadalaxara- e o detectado por sorpresa esta semana en Ferrolterra (case de casualidade, pois foi un vixiante quen oíu ruídos a deshora e alertou á Garda Civil da presenza duns posibles ladróns), parece que a presión policial ou o ánimo de lucro está a impulsar á mafia chinesa a estender os súas tentáculos a rexións como Galicia.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE