A selección de basket logra o seu segundo ouro continental ante Francia

A selección española de baloncesto feminino consegue o seu cuarto ouro continental  tras vencer na final do Eurobasket a Francia por 86-66. 


|

Basketfemenino


Pé de foto: As xogadoras da selección celebrando o seu triunfo. Autor: @selecciónfemenina


A selección española de baloncesto feminino consegue o seu cuarto ouro continental  tras vencer na final do Eurobasket a Francia por 86-66.


O partido estivo dominado de principio a fin polas mozas de Mondelo, grazas a unha boa defensa  e  os tres triplos consecutivos de Xargay que marcou o camiño da Selección española. A catalá non perdeu ritmo ao longo do choque e finalizouno con 23 puntos o partido ante as francesas. 


Francia tentou darlle a volta ao partido tras o descanso  pero as campioas mantiveron a vantaxe por encima dos 10 tantos. Con todo, un tempo morto de Mondelo terminou de centrar ás xogadoras, que volveron incrementar o seu nivel defensivo.


Ao magnífico palmarés da selección española de baloncesto únese unha nova medalla de ouro (1993, 2013, 2017 e 2019) que fai máis grande a un grupo histórico.


LAIA PALAU ENTRA NA LENDA DO BALONCESTO FEMININO EUROPEO


A medalla conquistada por España en Belgrado  non só supón un éxito máis da Selección nunha traxectoria verdadeiramente extraordinaria. Tamén ha encumbrado a Laia Palau á categoría de auténtica lenda da historia do baloncesto feminino europeo, colocándoa case á altura de dous grandes mitos como as soviéticas Uliana Semenova e Olga Sukharnova.


Con nada menos que 8 medallas na súa palmarés, Laia Palau xa é lenda na historia do Eurobasket. A eterna capitá de España superou á rusa Maria Stepanopva e alcanzou en solitario un chanzo do podio de todos os tempos. Só dúas xogadoras míticas, as soviéticas Uliana Semenova e Olga Sukharnova - dúas das grandes da selección da URSS que dominou os Eurobasket durante practicamente catro décadas con 21 ouros, 17 deles consecutivos- presumen de máis metais que Laia.


O REY MIDAS DO BASKET FEMININO, LUCAS MONDELO


Lucas Mondelo é o rei Midas do baloncesto feminino e acaba de gañar outro ouro coa selección para converter en costume o que é un prodixio. 


A súa serie é inédita no deporte español: ouro, prata, bronce, prata, ouro, bronce e ouro desde 2013, ano no que se estreou á fronte da selección para gañar o Europeo en Francia a Francia. Todas as ascensións aos cumes comandounas el, os Europeos (2013, 2017 e 2019), os Mundiais (prata en 2014 e bronce en 2018) e Xogos Olímpicos (prata en 2016). 


"Escóitache e enténdeche", di Laia Palau sobre o adestrador nado en L'Hospitalet, culé de corazón e admirador de Guardiola. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE