Roubar 66 zapatos do mesmo pé pódelle levar ao cárcere

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña levará a cabo o vindeiro xoves, día 27 de xuño, un xuízo contra un home acusado de desmontar os vidros do escaparate dunha zapatería e roubar 66 zapatos do mesmo pé que había no expositor.

|

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña levará a cabo o vindeiro xoves, día 27 de xuño, un xuízo contra un home acusado de desmontar os vidros do escaparate dunha zapatería e roubar 66 zapatos do mesmo pé que había no expositor.


Zapatos, zapatería.






A causa procede do Xulgado de Instrución número 4 da Coruña e, polos feitos que se lle imputan, a Fiscalía pide catro anos e nove meses de prisión por un delito de roubo con forza. O valor dos zapatos subtraídos ascendía a 3.023 euros.

Así mesmo, o Ministerio Fiscal tamén solicita unha indemnización de 3.023 euros correspondente ao valor dos zapatos non recuperados e outra de 235 euros polos danos ocasionados, así como os intereses.

Tal como explica no seu escrito o Ministerio Público, na noite do 4 de setembro de 2016, o acusado dirixiuse a unha zapatería da Coruña e "con ánimo de obter un beneficio patrimonial ilícito" introduciuse no interior dese establecemento tras forzar o sistema de peche das vidreiras do escaparate e desmontar os vidros sacándoos das súas ancoraxes.

Unha vez no interior, sacou do escaparate do local unha parte dun dos expositores, apoderándose de 66 zapatos do mesmo pé que había no expositor. O acusado tamén fracturou dous baldas de vidro que había no interior da zapatería.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE