A Xustiza anula a autorización de funcionamento da mineira de Touro en Huelva


Novo, e duro, revés xudicial para Atalaia Minning. A multinacional que promove a polémica reapertura da mina de Touro - O Pino acaba de ver como o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA) anula a autorización de reinicio dos traballos e do plan de restauración en Minas de Riotinto (Huelva).


|

Novo, e duro, revés xudicial para AtalaYa Minning. A multinacional que promove a polémica reapertura da mina de Touro - O Pino acaba de ver como o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA) anula a autorización de reinicio dos traballos e do plan de restauración en Minas de Riotinto (Huelva).


Riotinto atalaia mining

Balsas da mina en Río Tinto


Riotinto é a única mina que explota AtalaYa, cuxo segundo principal activo é, precisamente, reactivar o "Proxecto Touro" en colaboración cos seus socios locais de Explotacións Galegas. A noticia, que acaba de saltar, provocou a caída das accións da mineira na bolsa de Londres un 2% este mediodía.


SEGUNDO REVÉS XUDICIAL EN POUCOS MESES

Esta sentencia  é a segunda batalla que Ecoloxistas en Accción gáñanlle á corporación. Hai un mes o mesmo tribunal anulou a Autorización Ambiental Unificada (AAU) que a Junta de Andalucía outorgou en 2014.


Está por ver as consecuencias prácticas desta nova sentenza, pois contra este fallo cabe a posibilidade dun novo recurso de casación ante o Tribunal Supremo, aínda que os ecoloxistas cren que sería inandmitido, como sucedeu co recurso contra a anulación da AAU.  


SON SEGURAS UNHAS BALSAS COMO AS DE AZNALCOLLAR?

En todo caso, supón un duro golpe á marca, especialmente significativo en Galicia, onde está a tentar arracarle á Xunta a luz verde para a reapertura de Touro, a pesar dun importante movemento veciñal en contra.


Ecoloxistas en Acción insiste en que "o serio risco de rotura catastrófica das balsas de lodos do complexo mineiro deberían conducir a unha paralización cautelar da actividade mineira, para evitar un desastre ambiental de dimensións dez veces maior que as que produciu a rotura das balsas de Aznalcóllar en abril de 1998".


O risco de rutura das balsas é, precisamente, un dos motivos que provocou que ducias de concellos -mesmo municipios do PP- pronunciáronse en contra a mina, especialmente aqueles onde o marisqueo e a baixura son motores clave da súa economía.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE