Naturgy investirá ao redor de 170.000 euros para mellorar a subministración eléctrica en Coles (Ourense)

O grupo Naturgy, a través UFD, a antiga Unión Fenosa Distribución, destinará ao redor de 170.000 euros para mellorar as instalacións eléctricas en media e baixa tensión no concello de Coles (Ourense).

|

O grupo Naturgy, a través UFD, a antiga Unión Fenosa Distribución, destinará ao redor de 170.000 euros para mellorar as instalacións eléctricas en media e baixa tensión no concello de Coles (Ourense).



Operarios tendido electrico


Segundo informa a empresa nun comunicado, comezará a próxima semana os traballos de construción dunha liña de media tensión subterránea de 960 metros de lonxitude en Bocomenzo, na parroquia de Gustei.


Ademais, a compañía poñerá a funcionar un novo centro de transformación prefrabricado "tipo caseta" cunha potencia de 160 kilovoltiamperios (KVA) e cun equipamento de tecnoloxía de telegestión, así como unha rede subterránea de baixa tensión.


A actuación permitirá liquidar os problemas actuais de caídas de tensión existentes na zona e mellorar a calidade do servizo que presta aos seus clientes.


UFD lembra no comunicado que cada ano inclúe no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas "para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais onde é necesario mellorar a calidade do servizo, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios, e a mellora das súas condicións de vida".


Actualmente UFD é o maior distribuidor de electricidade en Galicia, xa que dá servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración en 286 concellos das catro provincias galegas a través dunha rede de case 58.500 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.


A distribuidora eléctrica realizou un investimento de case 390 millóns de euros en Galicia entre 2015 e 2018 para reforzar a rede e mellorar a calidade da subministración.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE