Hai investidores para a factoría eléctrica de Isowat na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou que "parece ser que xa hai investidores" para a factoría eléctrica de Isowat Made na Coruña, pendente do peche previsto para final de ano.

|

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou que "parece ser que xa hai investidores" para a factoría eléctrica de Isowat Made na Coruña, pendente do peche previsto para final de ano.


O delegado do Goberno en Galicia con representantes de traballadores de Isowat

A preguntas dos xornalistas nun acto na Coruña, e antes de manter unha reunión este luns co comité de empresa da factoría, Losada indicou que "se deron pasos" para conseguir manter a actividade industrial deste proxecto.

Precisamente, o delegado do Goberno quería trasladarlle aos empregados que "parece ser xa hai investidores que teñen capacidade de coller esta empresa".

Por iso, mantivo unha reunión co obxectivo de "poñer en común as súas informacións, as nosas e ver cales son os seguintes pasos que deberían seguir eles e o administrador concursal".

Á espera de lograr a venda, nos últimos días levou a cabo a integración das dúas filiais, a administración e a responsable da enxeñería e mecánica, que responde a unha decisión da administración concursal para facilitar a venda do centro de traballo da Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE