Traballadores de ambulancias maniféstanse en Vigo por un convenio "digno" e "con dereitos"

Máis dun centenar de traballadores do sector de ambulancias, apoiados por peronal de PACs e de emerxencias manifestáronse este xoves polas rúas do centro de Vigo para demandar un convenio colectivo "digno" e "con dereitos", convocados pola CIG.

|

Máis dun centenar de traballadores do sector de ambulancias, apoiados por peronal de PACs e de emerxencias manifestáronse este xoves polas rúas do centro de Vigo para demandar un convenio colectivo "digno" e "con dereitos", convocados pola CIG.

A marcha deste xoves é a continuación do plan de mobilizacións iniciado polo sector, despois de seis días de folga, un peche no despacho do conselleiro de Sanidade en xullo pasado, e outros actos de protesta.

Os traballadores criticaron as propostas regresivas da patronal e lembraron que a súa situación é consecuencia do feito de que a Xunta outorgou as concesións "á baixa". Así, responsabilizan á administración autonómica de haber "precarizado" as condicións laborais no sector, contratando empresas que, "como Ambuibérica, pretenden laminar os salarios ata un nun 25 por cento", aumentar a carga de traballo ou reducir días libres.

A isto súmase que as concesionarias "pretenden rebaixar os estándares de seguridade", sobre todo no que respecta á prevención de riscos biolóxicos.

O portavoz da CIG, Xesús Pastoriza, sinalou que "non é casualidade" que o sector de ambulancias leve tres anos sen convenio, e indicou que isto ten que ver con "as políticas de recortes, a reforma laboral e da negociación colectiva", que poñen á patronal nunha "posición de forza".

Así as cousas, afirmou que se manterán as mobilizacións e a presión por parte do traballadores "ata que a patronal sente a negociar" e cúmprase o establecido nos contratos co Sergas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE