The Guardian aplaude a peonalización do centro de Pontevedra

"O que oes na rúa é o canto dos paxaros nas camelias, o tintineo das culleriñas de café e o son das voces humanas", di o artigo do xornalista Stephen Burgen


|

Pontevedra the guardian

A rúa Mellado antes e despois | Imaxe: Concello de Pontevedra


O diario británico The Guardian publicou este martes un artigo titulado 'For me, this is paradise': life in the Spanish city that banned cars -'Para min, isto é o paraíso': a vida na cidade española que prohibiu os coches- sobre a peonalización do centro de Pontevedra. 


"O que oes na rúa  é o canto dos paxaros nas camelias, o tintineo das culleriñas de café e o son das voces humanas", di o artigo do xornalista Stephen Burgen, que visitou Pontevedra para entrevistar o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. O nacionalista explica ao xornal británico desde o seu despacho que antes da súa chegada ao poder pasaban 14.000 coches por esa rúa cada día, máis que "persoas estaban a vivir alí". 


"O centro histórico estaba morto", apunta Lores. "Había unha chea de drogas, estaba cheo de coches, era unha zona marxinal", continúa o alcalde en declaracións a The Guardian. O artigo explica que o concello pechou todos os aparcadoiros de rúa e cambiounos por subterráneos e outros aparcadoiros na periferia, "con 1.686 prazas libres". 


"Os beneficios son numerosos", apunta o artigo, que sinala que entre 1996 e 2006 30 persoas morreron nas mesmas rúas por accidentes de tráfico, mentres que só 3 faleceron nos 10 anos seguintes e ningunha desde 2009. Así mesmo, apuntan, as emisións de CO2 diminuíron un 70% na zona e o centro de Pontevedra "gañou 12.000 novos habitantes". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE