Vetusta Morla, Mala Rodríguez e Rulo e a Contrabanda actúan no Caudal Fest de Lugo

O Caudal Fest deu a coñecer os horarios este martes os horarios da edición 2018


|

A mala rodriguez


O Caudal Fest deu a coñecer os horarios este martes os horarios da edición 2018. O evento, no que actuarán artistas nacionais como Vetusta Morla, Mala Rodríguez e Rulo y la Contrabanda, e galegos como Novidades Carminha ou Andrés Suárez, terá lugar o 21 e 22 de setembro en Lugo. 


A beiras do río Miño, o venres 21 a entada será libre ata completar aforamento, actuará a veterana banda de rock de Caldas de Reis Igloo (19.00h); o ferrolán Andrés Suárez en acústico (20.15h); un dos fenómenos musicais do momento, os murcianos Viva Suecia (21.45h); Rulo y la Contrabanda, o grupo do exvocalista de La Fuga (23.30h) e Joe Crepúsculo (01.15h). 


O sábado os concertos empezarán ás 15.30h coa actuación do grupo local Berta Franklin; á que seguirá o tamén local David Prado en acústico (16.30h); Depedro (17.40h); Triángulo de Amor Bizarro (19.00h); Iván Ferreiro (20.30h); a Mala Rodríguez (22.15h); Vetusta Morla (23.45h); e Novidades Carminha (01.45h). Eme DJ poñerá a última nota musical ao Caudal Fest ás 02.45h. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE