Restricións de tráfico na AP-9 ao seu paso por Santiago polas obras de ligazón co Gaiás

|

Cidade da Cultura, Santiago de Compostela


As obras de ligazón entre a AP-9 e a Cidade da Cultura provocarán afeccións ao tráfico ao paso da autoestrada por Santiago de Compostela desde este luns, día 10.

Segundo informou o Ministerio de Fomento, reduciranse de catro a dous os carrís na calzada en sentido Pontevedra entre os quilómetros 68,5 e 70,5; e de cinco a tres en sentido A Coruña entre os quilómetros 71,3 e 69,3.

As restricións comezarán o luns, 10 de setembro, ás 10,30 horas, e estenderanse ata o 19 de febreiro de 2019. Os traballos para realizar nestas fases consistirán na execución dos ramais de acceso e incorporación entre a AP-9 e a Complexo Cidade da Cultura e Santiago Centro, así como a implantación da nova sinalización.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress