O PSdeG critica a "imprevisión" da Xunta na atención psicolóxica a vítimas de violencia de xénero

"O goberno galego deixou de prestar o servizo entre xaneiro e febreiro por non actualizar o convenio co Colexio de Psicólogos para elaborar informes psicolóxicos sobre as vítimas"


|

Patricia

Patricia Vilán


A xestión da Xunta de Galicia da atención psicolóxica a vítimas de violencia de xénero produce "pánico" entre a bancada socialista. Así o recoñeceu este mércores a portavoz de xustiza do PSdeG, Patricia Vilán, ante unha pregunta oral na Comisión. 


Segundo informa o PSdeG nun comunicado, "o goberno galego deixou de prestar o servizo entre xaneiro e febreiro por non actualizar o convenio co Colexio de Psicólogos para elaborar informes psicolóxicos sobre as vítimas". Así, segundo o partido, no pleno do mes de marzo o Goberno anunciou que o servizo xa estaba consolidado, aínda que a realidade, explicou Vilán, era que "fixeron os contratos aos psicólogos de forma urxente e por teléfono para empezar a traballar antes daquela sesión plenaria". 


A portavoz socialista explicou que os contratos son dun mes prorrogables outros seis, o que significa que o 1 de outubro acaban. "Non se pode xogar con este tema cando estamos a falar de mulleres e dos seus fillos e fillas que morren todos os anos", declarou Vilán. 


Así as cousas, Patricia Vilán reclamou á Xunta que faga efectivo o seu compromiso de incluír os postos de psicoloxía na Relación de postos de Traballo a partir de setembro para consolidar o servizo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE