O Concello da Coruña propón a condonación da débeda ante o consello de administración do porto

Tamén reclama a constitución dun consorcio público onde participen todas as administracións implicadas no futuro da fachada atlántica da cidade herculina


|

Punta Langosteira

Punta Langosteira


O goberno local da Coruña propoñerá no consello de administración que a Autoridade Portuaria celebra este mércores a condonación da débeda do porto ligada á construción da dársena exterior.


Defende que outra opción que expón é a de conceder "axudas económicas equivalentes", así como "deixar sen efecto o protocolo asinado por Fomento, Xunta e Portos do Estado o pasado abril" en relación ao futuro dos peiraos coruñeses.


Tamén reclama a constitución dun consorcio público onde participen todas as administracións implicadas no futuro da fachada atlántica da cidade herculina.


Mentres, a Comisión Aberta en Defensa do Común concentrarase, a partir das 17,00 horas, ante a Autoridade Portuaria coincidindo co consello de administración.


Membros desta plataforma exhibirán unha pancarta reclamando "a defensa gratuíta dos espazos portuarios desafectados" como consecuencia do traslado de actividade a Punta Langosteira.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE