"Acordo" entre algúns traballadores do 061 e a Xunta

Os traballadores de a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 lanzaron unha folga indefinida, mediante paros parciais, contra o traslado á Estrada. Hoxe a Xunta anuncia que "os traballadores laborais da administración aceptan a proposta da Administración" para a citada mudanza.


|

Os traballadores de a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 lanzaron unha folga indefinida, mediante paros parciais, contra o traslado á Estrada. Hoxe a Xunta anuncia que "os traballadores laborais da administración aceptan a proposta da Administración" para a citada mudanza.


Segundo o goberno, o "persoal laboral que preste servizos en Urxencias Sanitarias de Galicia-061" cobrará 140 euros máis ao mes.  Esta cantidade é a mesma lograda o ano pasado polos teleoperadores do 112 tras meses de folga.



061operadoras


Os sindicatos convocantes do paro aínda non fixeron pública a súa valoración nin a desconvocatoria da folga.


QUE PASA COS ESTATUTARIOS E A SUBCONTRATA?

O acordo non é para todos. O Goberno alega que ofreceu o mesmo aos traballadores do persoal estatutario da Fundación, pero dixeron que non. Na comunicación do Executivo non se cita aos traballadores da subcontrata que xestiona o Grupo Norte, tamén convocados ao paro.


A Xunta insiste en que o traslado se fará o 1 de outubro. Entre as melloras logradas, asegura que os traballadores terán dereito a dous festivos locais, a elixir entre os de Santiago -a súa actual base- ou A Estrada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE