Sánchez, Torra, ratafía e o paseo polos xardíns

Carmen P. Flores


Torra sánchez xardíns moncloa reunión 09072018


Despois de dúas horas e media de reunión entre Pedro Sánchez, presidente do Goberno de España e Quim Torras presidente da Generalitat de Catalunya, incluída a explicación de sobre os obsequios levados ao presidente español, entre eles unha botella de ratafía- augardente con herbas-, que ao parecer fai máis forte aos cataláns, independentistas?, houbo paseo polos xardíns de Moncloa, con explicación do mismísimo Sánchez.  Estrategía do seu xefe de gabinete?. O márketing de distensión que non falte, porque as formas son esenciais nunha estratexia política e máis cando hai tanta xente observando , non hai que defraudar.


Dicía Konrad Adenauer que “En política o importante non é ter razón, sinó que lla dean a un”. Quizais esa é a estrategía aplicada polo astuto Sánchez que quixo escenificar o seu carácter dialogante, a vontade de chegar a acordos e envolver en papel de celofán a súa estratexia de cambio de talante: máis dialogante, máis próximo, máis aberto, máis de todo. O presidente da España plurinacional.


O presidente catalán saíu satisfeito da longa entrevista porque atopou a un interlocutor amable, interesado polos problemas de Catalunya, que son “políticos”, non “xudiciais” e disposto a seguir falando. Para empezar anuncioulle a vontade do executivo español que el preside, de levantar a suspensión das leis sociais recorridas no seu día polo goberno do PP, e a promesa do traballo conxunto para a derrogación da lei mordaza, a memoria histórica e a supresión de simboloxía franquista en toda España. Activación das comisións e expresandole a súa preocupación polos presos políticos, pero non lle pediu “nada” a cambio, é dicir, que non negociou nada do futuro dos mesmos, seguro? Non hai que esquecer que a política tamén é a arte de dicir o contrario do que se fai pensa ou se actúa.


Quim Torra manifestoulle que o goberno catalán non renuncia a “ningunha” formula para conseguir a independencia, mentres que Sánchez explicoulle o seu modelo plurinacional de defensa de España, que é –como dixo en máis dunha ocasión- unha nación de nacións, pero non chegou a entrar en máis de detalles de como resolvería a sopa de letras.


A entrevista serviu para que os dous mandatarios saian contentos, cada un deles por motivos diferentes e para contentar ás súas respectivas clientelas políticas. 


Sánchez, con un tempo de gobierno marcado, ¿dos años máximo? solo puede enseñar los enunciados de sus propuestas, eso es lo que ha hecho y para que Torra no vuelva de vacío a Catalunya, le ofrece, es fácil, levantar las leyes sociales recurridas, hablar de las condiciones judiciales de los políticos presos, aunque lo nieguen públicamente, y poner en “funcionamiento” las comisiones bilaterales. Toda una batería de buenas intenciones que quedarán rubricadas cuando Sánchez vaya al Palau de la Generalitat, en septiembre, para seguir escenificando las buenas relaciones de los dos gobiernos.


A entrevista de Moncloa, con ratafía incluída, non deixa de ser unha boa posta en escena dunha obra cuxo final non está claro, porque prometer pódese prometer o que se queira, outra cousa que as promesas se cheguen a realizar


Dicía Einstein que “se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE