Protestas na CRTVG, que empeza a suprimir os informativos locais da Radio Galega


A pesar das protestas dos traballadores da Radio Galega e da oposición, a CRTVG segue co seu plan de reformar a información local. Un feito relevante a nivel político, pois o próximo ano hai eleccións municipais. Na TVG, cuarto "venres negro" consecutivo.


|

A pesar das protestas dos traballadores da Radio Galega e da oposición, a CRTVG segue co seu plan de reformar a información local. Un feito relevante a nivel político, pois o próximo ano hai eleccións municipais. Na TVG, cuarto "venres negro" consecutivo.



18 06 14 ProtestaRadioGalega01

Protesta contra a reforma da programación da Radio Galega/CIG


MÁIS CONTROL DESDE A DIRECCIÓN

Segundo informa a CIG, coa entrada da programación de verán desaparecen todas desconexións na Radio Galega para A Coruña, Vigo, Ourense e Lugo. Xa non haberá máis informativos locais ao mediodía nin ás 7:50. 


O sindicato nacionalista entende que así o ente público renuncia a competir na información local para "centralizar as decisións para exercer un maior control de contido" por parte da dirección.


Os traballadores teñen en marcha concentracións todos os martes e xoves na entrada do edificio do CRTVG. Tamén protestan pola eliminación do programa Diario Cultural, un clásico da información sobre cultura no país. 


SEGUEN Os VENRES NEGROS CONTRA A MANIPULACIÓN DA TVG




Venres negro tvg

Trbajadores da CRTVG secundando un "venres negro" / CUT


As augas tamén baixan revoltas na TVG. Por cuarto venres consecutivo, algúns presentadores vestirán de negro. Secundarán así a protesta en defensa do "servizo público" e para poder "exercer o noso oficio en liberdade", segundo informa o sindicato CUT, o que preside o Comité de Empresa da emisora pública:


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE