As ambulancias volven parar nun conflito que segue enquistado

A negativa da patronal para negociar un novo convenio, alegando as baixas ofertas que tiveron que presentar aos concursos da Xunta, son a raíz do conflito.


|

A negativa da patronal para negociar un novo convenio, alegando as baixas ofertas que tiveron que presentar aos concursos da Xunta, son a raíz do conflito.



Protesta de traballadores de ambulancias en Santiago.


A CIG convocou para este mércores, 6 de xuño, unha concentración en Santiago de Compostela con motivo dunha nova xornada de folga no sector de ambulancias para demandar a negociación do convenio colectivo.


Así, os traballadores de ambulacias chaman a concentrarse diante da entrada principal do Hospital Clínico, en Santiago de Compostela, desde as 10,30 horas deste mércores.


Esta central sindical lembra que representa o 60 por cento no sector e denuncia "a negativa da patronal para negociar o convenio e a inacción da Xunta", a pesar de ser, engade, "a responsable última deste servizo público".


Ademais, a CIG lembra que a folga no sector de ambulancias en Galicia será indefinida a partir do mes de setembro "se non se atenden as demandas dos traballadores".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE