Unhas 40 persoas concéntranse no Hospital de Conxo en Santiago contra o peche de camas

Unhas 40 persoas, entre traballadores e usuarios, concentráronse este mércores no Hospital de Conxo, en Santiago de Compostela, contra o peche de camas no complexo hospitalario da capital galega na época estival.

|

Protesta no Hospital de Conxo en Santiago contra o peche de camas.

Unhas 40 persoas, entre traballadores e usuarios, concentráronse este mércores no Hospital de Conxo, en Santiago de Compostela, contra o peche de camas no complexo hospitalario da capital galega na época estival.

A mobilización, que foi convocada polo comité de centro do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), desenvolveuse baixo o lema 'Non ó peche de camas'  subscrito polos sindicatos CIG, CCOO, CESM, O'Mega, CSIF, SAE e UXT.

A comisión de centro denunciou que o peche de camas na época estival inclúe 172 das cales 112 son no Hospital de Conxo, 18 no Clínico e os 42 restantes no Gil Casares.

Por iso, o comité de centro critica que o peche de camas leva "pechar unidades e non contratar persoal das listaxes de contratación, porque xa dispoñen do persoal de persoal das unidades que pechan".

Respecto diso, denuncia que "como consecuencia disto un ano máis as axendas de consultas por enfermidade estarán pechadas ata o remate das vacacións" o que supoñerá un "aumento das listas de espera daquelas especialidades que ven afectadas polo peche de camas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE