Estado democrático ou estado franquista?

Manoel Barbeitos
Economista

En artigos anteriores neste mesmo medio denunciaba como en España, e por tanto en Galicia, dende o estoupido da grande crise financeira pero moi especialmente coa chegada ao poder do Partido Popular –o partido mais corrupto de Europa-, estase producindo un retroceso nos dereitos e liberdades democráticas tal que España semella deixar de ser un “Estado social e democrático de Dereito” (Artigo 1. C.E.) para pasar a converterse nun estado neofranquista. As evidencias son continuas e contundentes.



Rajoycospedalcongresonacionalpp


Días atrás, na chamada polos católicos semana santa, asistimos a unha serie de decisións por parte dos Gobernos español e galego que poñen en cuestión tanto a natureza do estado no que vivimos como a ideoloxía e o talante democrático do partido que preside aqueles: o Partido Popular. Así cando a Constitución Española establece que “ningunha confesión terá carácter estatal” (Artigo 15.3, C.E.) ven a señora Cospedal, actual Ministra de Defensa, e ordena que nos cuarteis militares e no ministerio de Defensa volvan a ondear –como durante a ditadura franquista- as bandeiras a media asta co gallo de conmemorar a morte do líder cristián Xesús. Na mesma liña o goberno recupera a tradición de indultar a cinco presos a petición de cinco confrarías cristiáns. Por si estes actos non foran dabondo suficientes para demostrar o carácter nacional-católico do actual goberno español, houbo tamén unha nutrida presenza institucional de ministros, concelleiros e directores ao fronte de numerosas procesións católicas nunha nova, e noxenta mostra de intransixencia relixiosa e de falta de respecto aos principios constitucionais. Algo que chegaría a paroxismo coas actuacións das televisións públicas, españolas e galega, que nesa semana dedicaron o maior parte do seu tempo de programación a cobertura apoloxética dos actos relixiosos (misas, procesións …) celebrados pola airexa católica co gallo da súa chamada semana santa. Evidencias todas elas do que vimos sinalando repetidamente: o rexurdir do nacional-catolicismo en España e en Galicia con toda a súa ortodoxia e sectarismo.


Un rexurdir do nacional-catolicismo que tivo o seu complemento coa celebración de actos públicos de marcado carácter fascista. Velaí a importante presenza en moitos daqueles da chamada Lexión española, un organización fascista. Unha presenza amplamente destacada por moitos medios de comunicación públicos e privados e que tivo como vergoñento colofón a imaxe de ministros e directores xerais cantando o himno lexionario “El novio de la muerte”, acto que os dirixentes populares xustificaron como “parte das nosas tradicións culturais”. Quizás non estea de mais lembrar algunhas particularidades da lexión española para entender de que tradicións culturais falan tales dirixentes populares.


A lexión española ven sendo una unidade militar que aínda que tivo como formal fundador o militar de ideoloxía fascista Millán Astray, foi realmente creada por iniciativa da dereita española mais autoritaria e nacionalista, identificada co colonialismo español e o fascismo italiano. Resulta seren unha unidade militar dotada dun ideario, sintetizado nos chamados 12 espíritos do credo lexionario, cuxa simple lectura xa nos serve para identificar o seu carácter que parece dificilmente compatible cos ideais e principios democráticos. Baste sinalar que estamos diante dunha unidade que concibe a guerra como escola para a vida, como algo vital e heroico, «El espíritu de la muerte. El morir en el combate es el mayor honor. No se muere más que una vez. La muerte llega sin dolor y el morir no es tan horrible como parece. Lo más horrible es vivir siendo un cobarde». Basten estas notas para sinalar que a declaración dos dirixentes populares de que este tipo de credo forma parte das nosas tradicións culturais non deixa de ser moi preocupante. Tamén moi indicativo da ideoloxía duns dirixentes capaces incluso de homenaxear os fundadores de tales credos fascistas .


Outra das evidencias deste retroceso nos dereitos e liberdades democráticas en España está na persecución política e xudicial que o actual goberno español, que preside Mariano Rajoy, está sometendo aos dirixentes independentistas cataláns. Unha persecución que ten como obxectivo tanto “descabezar e liquidar o movemento independentista” –segundo declaracións da inefable Vicepresidenta do Goberno Español Soraya Sáenz de Santamaría - como moi especialmente desviar a atención cidadán das vergoñas propias reflectidas nos incontables casos de corrupción e nepotismo en que, día tras día, aparecen envoltos un crecente número de dirixentes políticos do Partido Popular. Unha persecución que, como recentemente veñen de sancionar os tribunais alemáns, rexeitando a extradición tal como foi solicitada pola fiscalía española e deixando en liberdade a Carles Puigdemont, non se pode conxugar nun estado democrático e de dereito. Deixando a un lado o que cada quén poida pensar tanto sobre o independentismo como sobre o comportamento dos lideres cataláns independentistas está fora de toda dúbida –e así se pronuncian entidades tan respetables como Jueces para la Democracia- que a persecución política e xudicial a que o goberno español –co apoio do PSOE e Cs- esta sometendo aos lideres independentistas cataláns atenta contra os dereitos e as liberdades democráticas e retrotráenos a épocas pasadas de terrible lembranza, “escoito a destacados políticos que hai que ilegalizar a quen teña ideas independentistas e vexo o retorno da España que da medo” (Joaquim Bosch portavoz de Xuíces e Xuízas pola Democracia). Por certo, a frustada detención de Hervé Falciani para logo tentar de intercambialo polos dirixentes independentistas cataláns e ao tempo impedir que seguira colaborando cos xulgados españois que levan os grandes casos de corrupción do Partido Popular, non deixa de ser un novo episodio na cadea de despropósitos políticos do goberno español, moi especialmente da citada Vicepresidenta.


Hai moitas mais evidencias de este rexurdir do estado franquista e outra mais recente témola reflectida no inaceptable comportamento de destacados dirixentes e cargos políticos, non so do Partido Popular, como por caso a presidenta da Comunidade de Madrid quen non ten reparos en cometer actos ilegais e ilícitos, amais de mentir reiterada e descaradamente, para potenciar a súa imaxe política e persoal. O comportamento de Cristina Cifuentes, como o de Javier Maroto e seguramente de moitos mais líderes políticos, capaces de falsificar masters sen importarlles que sexa un acto delictivo –cóecho e falsidade documental- e que ao tempo desprestixien ao centro universitario correspondente son mais propios de dirixentes das chamadas repúblicas bananeiras ou de estados autoritarios, que de democracias consolidadas. Dirixentes que para mais inxuria cidadán rematan sendo respaldados polo seu partido nestas prácticas indecentes .


Feitos como os citados, e moitos outros que xa temos referidos nestas mesmas páxinas, xustifican o que veñamos denunciando que con o Partido Popular no goberno a democracia en España corre un serio perigo pois estannos levando deica un estado franquista. Un partido que goberna, non o esquezamos, grazas a postura non belixerante, por tanto cómplice, de Ciudadanos e do PSOE.

2 Comentarios

1

Se me cortó el mensaje de ayer pero quería decir que la derecha gobierna porque tiene votos y capacidad de llegar a acuerdos con sus competidores para alcanzar mayoría de gobierno. Mientras tanto la izquierda ha optado por marcar sus diferencias echándose culpas unos a otros para intentar arañarse votos entre sí llegando incluso al esperpento de incluir como fuerza de progreso al partido más corrupto, más ultraliberal y antisocial y menos respetuoso con las normas Democráticamente aprobadas en España, es decir, el PDCat. No estoy de acuerdo con las decisiones de algunos jueces pero denunciar sus decisiones, que además genera "mártires", no justifica la deriva totalitaria, excluyente y antidemocrática de los líderes independentista catalanes. !Ni Dios ni Patria ni Rey!!!!.

escrito por Concha 14/Abr/18    12:27 h.
2

Estoy de acuerdo en muchos aspectos de este relato pero reniego por reaccionarios, sectarios y partidistas de algunas afirmaciones. 1.- por respeto a las personas que padecieron el franquismo, no puedo identificar la deriva del PP

escrito por Concha 13/Abr/18    20:22 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE