Un "cigarro rápido no baño" obriga a desaloxar a Cidade da Xustiza de Vigo ao saltar as alarmas
A alarma de incendios disparouse e motivou a evacuación do complexo. Foi unha persoa fumando no baño a que fixo saltar o detector de fume.
A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha persoa que estaba a fumar nos baños.
O incidente produciuse sobre as 10.00 horas deste mércores e, segundo detallou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) foi unha persoa citada para unha declaración no xulgado de instrución, situado na segunda planta, a que fixo saltar a alarma.
Do sucedido non houbo que lamentar danos xa que foi unha 'falsa alarma', pero, puntualizou o TSXG, "saltou por un motivo real".
Escribe o teu comentario