Piden oitos anos de cárcere e unha multa de 500.000 euros por aterrar en Vigo con cocaína na súa maleta

A Audiencia de Lugo xulga un caso similar para o que solicitan sete anos de prisión e o pago de máis de 930.000 euros


|

Peinadorvigo
Arquivo - Aeropuesto de Peinador, en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade de Vigo, xulgará este próximo mércores, día 30 de novembro, a unha muller que foi sorprendida no aeroporto de Peinador transportando cocaína nun dobre fondo da súa maleta.

 

Por estes feitos, a Fiscalía solicita para ela oito anos de prisión e unha multa de medio millón de euros, pola suposta comisión dun delito de tráfico de drogas de notoria importancia. O contido transportado pola muller podería estar valorado en máis de 200.000 euros no mercado negro.

 

Segundo relatou o Ministerio Público no seu escrito de acusación, os feitos remóntanse a outubro de 2021 cando a acusada, nacida en República Dominicana e con pasaporte de Países Baixos, aterrou no aeródromo vigués nun voo procedente de Santo Domingo, vía Madrid, ocultando nun dobre fondo da súa maleta dous paquetes que contiñan case dous quilogramos de cocaína.

Ambos os paquetes foron descubertos nun control aleatorio de viaxeiros e equipaxes realizado polos axentes da Garda Civil e o seu contido podería estar valorado en máis de 200.000 euros no mercado negro.

 

XUÍZO EN LUGO

Pola súa banda, tamén o mércores a sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará a un acusado dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas que acusan grave dano á saúde, tras ser interceptado en setembro de 2019 no aeroporto de Barajas, con preto de dous quilogramos de cocaína na súa maleta.

 

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o home procedía de Lima (Perú) e foi obxecto de control específico á súa chegada a Madrid , por ser requirido polo EFICO de Burela, o cal xa investigaba previamente ao acusado.


O Ministerio Fiscal solicita por iso sete anos de prisión e unha multa de máis de 932.000 euros para o home, que ingresou en prisión provisional en 2019 e foi posto en liberdade en abril de 2020.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE